Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34728

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xunqueira de Ambía

APROBACIÓN inicial do Plan especial de protección e rehabilitación da zona histórica de Xunqueira de Ambía e o seu contorno

Por Resolución da Alcaldía, do 5 de agosto de 2014, foi aprobado inicialmente o Plan especial de protección e rehabilitación da zona histórica de Xunqueira de Ambía e o seu contorno, de conformidade co artigo 86.1.a) da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción deste edicto nas seguintes publicacións: Diario Oficial de Galicia (DOG), xornal La Región e xornal La Voz de Galicia.

O prazo empezará a contar a partir do día seguinte ao da última publicación efectuada nestes medios. Durante o dito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para que formule as consideracións que considere pertinentes.

Xunqueira de Ambía, 5 de agosto de 2014

José Luis Gavilanes Losada
Alcalde