Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 12 de agosto de 2014 Páx. 34664

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (168/2012).

Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente anuncio

No presente procedemento de divorcio, seguido por instancia de Denise Ada Marioni Seillan fronte a Celestino Fusté Jiménez, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza nº 688

En Vigo o dezasete de decembro de dous mil trece.

Vistos por Mª Isabel Benito Sánchez, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 dos de Vigo (Xulgado de Familia), os presentes autos de xuízo de divorcio seguidos co número 168/2012, por instancia de Denise Ada Marioni Seillan, representado pola procuradora Sra. Lago Domínguez, baixo a dirección do letrado Sr. Martínez Valenzuela, fronte a Celestino Fusté Jiménez, en situación procesual de rebeldía, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución

Estimando como estimo a demanda presentada pola procuradora Sra. Lago Domínguez, en nome e representación de Denise Ada Marioni Seillan, fronte a Celestino Fusté Jiménez, debo decretar e decreto a disolución por divorcio, do matrimonio formado por ambos os litigantes, contraído no municipio de Santa Clara, provincia de Villa Clara, Cuba, o día 6 de xaneiro de 2004, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai expresa imposición de costas.

Firme que sexa o pronunciamento referido ao divorcio, comuníquese de oficio ao Rexistro Civil onde conste a inscrición do matrimonio dos litigantes, co fin de que se proceda á anotación marxinal deste, na folla de inscrición do matrimonio.

Esta sentenza é susceptible de recurso de apelación ante este xulgado para a Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, que se deberá interpoñer no prazo de vinte días, contado a partir do seguinte ao da súa notificación.

Así, por esta sentenza, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Celestino Fusté Jiménez, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 8 de xullo de 2014

A secretaria xudicial