Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se fai pública a notificación do acordo de procedencia de reintegro dunha axuda do programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral, regulado na Orde do 19 de maio de 2008, relativa ao expediente TR345B 2008/39-3.

Intentada por dúas veces a notificación do acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido da resolución que figura como anexo para que poidan ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para interpor o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpor recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida da Habana, nº 79, 7º (Ourense), e a obter, se é o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de xullo de 2014

José Selas Souto
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: TR345B 2008/39-3.

Nome ou razón social: Autogrúas Bertólez, S.L.

CIF: B-32024283.

Último domicilio coñecido: estrada de Madrid, km 230,7, 32915 San Cibrao das Viñas, Ourense.

Tipo de axuda: programa de incentivos a plans empresariais de estabilidade laboral.

Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo a persoa traballadora subvencionada ao abeiro desta orde durante un período mínimo de 3 anos.

Precepto infrinxido: artigo 14.5 da Orde do 19 de maio de 2008 (Diario Oficial de Galicia núm. 100, do 26 de maio).

Contido da resolución: acordo de procedencia de reintegro da axuda concedida.