Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34340

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 17 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de inicio do procedemento de reintegro de varias axudas do programa de fomento da contratación indefinida inicial, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio), relativa ao expediente TR348A 2010/118-1 e un máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo para que poidan ter coñecemento delas.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que os asiste para que poidan realizar as alegacións e presentar a documentación que consideren oportuna, no prazo de quince días hábiles, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación.

Á vista das alegacións e da documentación achegada, ou transcorrido o prazo concedido para o efecto, ditarase a resolución que lle corresponda respecto ao reintegro da subvención concedida.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9, 1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 17 de xullo de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348A 2010/118-1.

Nome ou razón social: Instalaciones y Reformas Refingal, S.L.U.

Último enderezo coñecido: rúa La Artística, 19-A, 15008 A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo A da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1 e 4, do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348A 2010/672-1.

Nome ou razón social: Jesús Peón y Gabriel Otero, S.C.

Último enderezo coñecido: rúa Mazarelos, 4, 5, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos. Non manter en cómputo anual e durante tres anos o número de traballadores fixos e totais do seu cadro de persoal.

Preceptos infrinxidos: base sétima, puntos 1, 2 e 3, do anexo A da orde de convocatoria.

Contido da resolución: iniciar o expediente declarativo da procedencia de reintegro.