Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 150 Venres, 8 de agosto de 2014 Páx. 34344

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

EDICTO do 9 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Vigo, para a publicación das resolucións de recursos de alzada.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, e en virtude do disposto nos artigos 61 e 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (de agora en diante LRXAP-PAC), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día, coa resolución do recurso de alzada instado polos interesados, publícase mediante este edicto a resolución do recurso interposto, cos efectos que se sinalan ao pé deste edicto.

Vigo, 9 de xullo de 2014

María Peón Fernández
Xefa territorial de Vigo

Interesados:

Nome e apelidos

DNI/NIE

Jorge Luis López Núñez

39751539G

Adriana Damasceno Araujo

Y0562087G

Nicoleta Mereuta s/s

Y0792080C

Abdessaslam Craita s/s

X2307049B

Resolución: desestimación dos recursos presentados.

Efectos:

– Pon fin á vía administrativa de acordo con artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento común.

– Poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o disposto nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e no artigo 91 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.