Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34156

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5803/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5803/2012-MFV.

Xulgado de orixe/autos: demanda 1105/2009 Xulgado do Social da Coruña 3.

Recorrentes: Sandra María Barbeito Cancelo, Francisco Sarmiento Pérez, Consuelo Ruiz Ríos, Juan Carlos Rodríguez Fernández, María Mar Armesto López, Beatriz López Barallobre

Avogado: Fernando Campos Seijo.

Recorridos: Fogasa, Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L.

Avogado: letrado Fogasa.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5803/2012-MFV desta sección, seguido por instancia de Sandra María Barbeito Cancelo, Francisco Sarmiento Pérez, Consuelo Ruiz Ríos, Juan Carlos Rodríguez Fernández, María Mar Armesto López, Beatriz López Barallobre contra o Fogasa, Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución: desestimar o recurso de suplicación interposto polos demandantes Consuelo Ruiz Ríos, Francisco Sarmiento Pérez, Juan Carlos Rodríguez Fernández, María del Mar Armesto López, Sandra María Barbeito Cancelo, Beatriz López Barallobre contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de reforzo da Coruña do 18 de maio de 2012, e confirmar esta na súa integridade. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións a data da resolución contra a cal se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de xullo de 2014

A secretaria xudicial