Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34158

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1926/2014-MFV).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1926/2014-MFV.

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 311/2013 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Luis Pérez González.

Avogado: David Pena Díaz - CIG.

Recorridos: Fogasa, NCG Banco, S.A., Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. (ADYS 2003), Unicom Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., Administración Concursal de ADYS Asistencia.

Avogados: letrado Fogasa/Isabel Gil Sánchez (...), María Esperanza Ferreiro Abelairas, Victoriano de Azcárraga Varela.

Procuradores: (...) / (...) / (...) / Fernando Iglesias Ferreiro (Unicom e Administración Procesual).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1926/2014-MFV desta sección, seguido por instancia de Luis Pérez González contra Fogasa, NCG Banco S.A., Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. (ADYS 2003), Unicom Compañía de Seguridad Electrónica, S.L., administración concursal de ADYS Asistencia, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución: «Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Luis Pérez González contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, do 18 de outubro de 2013, en autos número 311/2013, que confirmamos. Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá prepararse mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala aberta en Banesto co número 1552, e deberase indicar no campo concepto «Recurso», seguido do código «35 Social casación». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código «35 Social casación». Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a cal se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles. Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Asistencia, Distribución y Servicios 2003, S.A. (ADYS 2003), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de xullo de 2014

A secretaria xudicial