Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 149 Xoves, 7 de agosto de 2014 Páx. 34086

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ORDE do 28 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a actividades, actuacións ou medidas de concellos incluídos na Rede Natura 2000 e a súa convocatoria para os anos 2014 e 2015, cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).

Ao abeiro da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da flora e fauna silvestres (tamén coñecida como Directiva Hábitat), a Rede Natura 2000 xorde como unha rede coherente, ecolóxica e representativa de espazos naturais coa contribución de todos os estados membros da Unión Europea, e ten como obxectivo principal asegurar o mantemento nun bo estado de conservación das mellores manifestacións da biodiversidade europea, ideada para fomentar o equilibrio harmónico entre as actividades sociais e económicas que neles se levan a cabo e a calidade de vida das persoas que os habitan.

A Rede Natura 2000 está conformada por dous tipos de áreas: zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e zonas especiais de conservación (ZEC). En Galicia as dezaseis ZEPA abranguen 101.134,9 hectáreas, especialmente nos ecosistemas costeiros, áreas de montaña e zonas húmidas do interior. En canto ás ZEC, estas suman un total de cincuenta e nove cunha superficie total de 374.434,8 has. En conxunto, a superficie galega incluida na Rede Natura supón preto do 12 % do territorio da Comunidade Autónoma. A maioría dos espazos sitúanse na rexión bioxeográfica atlántica (49 ZEC), catro están na rexión mediterránea e seis repártense entre ambas as dúas rexións, e abranguen no seu conxunto unha variada mostra de ecosistemas costeiros, fluviais e de montaña, entre outros.

Por último, cabe destacar que tódolos Espazos Natura 2000 foron declarados como zonas de especial protección dos valores naturais polo Decreto 72/2004, do 2 de abril, consonte o establecido no artigo 16 da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza de Galicia.

O Plan de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia para a etapa 2007-2013 constitúe a resposta ás disposicións do Regulamento (CE) 1698/2005, do 20 de setembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e un dos seus obxectivos prioritarios é a promoción dun desenvolvemento rural sustentable en toda a Comunidade a través de actuacións orientadas cara ao crecemento, á creación de emprego e ao desenvolvemento sustentable, focalizando os recursos nas medidas que fagan de Europa, en xeral, e dos seus Estados membros, en particular, un lugar máis atractivo para investir e traballar, e fomentando o coñecemento e a innovación como motores do crecemento.

O PDR articúlase en catro eixes fundamentais de actuación, que se corresponden cos enunciados no Regulamento 1698/2005, dos cales o segundo se denomina «mellora do ambiente e do contorno natural».

Desde esta perspectiva, a Rede Natura 2000 preséntase non só como un instrumento de conservación do medio natural senón como un referente de sustentabilidade que brinda a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, facilitando e potenciando aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúan á mellora da calidade de vida e, por extensión, ao desenvolvemento do territorio rural galego. Neste senso, as denominadas «axudas a investimentos non productivos» (medida 21600 do PDR) constitúen un mecanismo idóneo de intervención nestas zonas.

Estas actuacións están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural, garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona e o mantemento nun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo, o que converxe cos obxectivos e directrices do Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia aprobado polo Decreto 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia.

O que se pretende coa publicación destas axudas é dar resposta a estes obxectivos, fomentando e aumentando o papel dos concellos á hora de levar a cabo este tipo de accións, na súa calidade de entidades xestoras de terras.

O réxime xeral das axudas e subvencións na nosa comunidade autónoma establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario, a normativa principal está representada polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

O Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, atribúe á Dirección Xeral de Conservación da Natureza, dentro das súas competencias, as referidas á conservación da natureza e ao fomento de medidas de desenvolvemento socioeconómico dos espazos naturais protexidos.

De acordo co anteriormente exposto, respectando os contidos da Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, da Lei 42/2007, do 13 de decembro, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía de Galicia, e en uso das atribucións que me confire a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Finalidade e obxecto

O obxecto desta orde é regular as bases do réxime de axudas para a execución de accións que permitan a mellora da paisaxe, o mantemento das condicións ambientais ou a recuperación de especies historicamente relacionadas coa actividade agraria en zonas da Rede Natura 2000, así como a conservación e/ou restauración de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional coa finalidade de incrementar nas explotacións agrícolas o valor de lecer público das zonas Natura 2000.

Así mesmo, procédese á súa convocatoria, correspondente aos exercicios orzamentarios dos anos 2014 e 2015.

Artigo 2. Beneficiarios

1. Poderanse acoller ás axudas desta orde os concellos que teñan toda ou parte da súa superficie na Rede Natura 2000, na súa condición de entidades xestoras destas superficies.

2. As ditas entidades locais deberán concorrer individualmente e admitirase unha única solicitude e proxecto por concello, na cal se debe indicar expresamente a acción que se vai desenvolver e o investimento que se realizará correspondente á acción para a cal se solicita.

3. En ningún caso poderán ter a condición de beneficiarios as entidades en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3. Réxime e principios de aplicación

1. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia competitiva, obxectividade, igualdade e non discriminación, así como o de eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados nesta orde e de eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos, tal e como se establece no artigo 5.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Consonte o anterior e o artigo 6.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, esta orde publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web oficial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es).

Artigo 4. Ámbito territorial

As actividades incluídas no artigo seguinte deberanse levar a cabo dentro do territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, en particular no ámbito de aplicación do Decreto 37/2014, do 27 de marzo, e nos terreos inmediatamente limítrofes cando da actuación resulte un beneficio directo para a ZEC a ZEPA correspondente.

Artigo 5. Actividades subvencionables e importe

1. Poderán ser obxecto das axudas previstas nesta orde as seguintes actividades:

a) Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria e desenvolvemento de usos recreativos: limpeza e restauración de camiños de acceso ás leiras; sinalización de camiños e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.

b) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos ou necesarios para o mantemento da paisaxe agraria tradicional (rehabilitación de elementos de valor patrimonial nas explotacións: hórreos, milladoiros, cabanas, sequeiros, valos, fontes e calquera outra de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000).

c) Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas naturais e seminaturais: sistemas de condución e drenaxes próximos a zonas de acceso; investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes; mantemento de sebes nas beiras das zonas comúns, mellora de accesos, levadas ou traídas que faciliten a conservación ou mantemento en bo estado dos hábitats seminaturais soutos e prados de sega e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.

2. En ningún caso serán subvencionables aquelas actuacións ou actividades que non sexan respectuosas coas finalidades e obxectivos da Rede Natura 2000 ou que poidan pór en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos recollidos segundo as prescricións contidas na normativa comunitaria, estatal e autonómica aplicables a estes espazos.

3. Concederase o 100 % do seu custo subvencionable, cun importe máximo de 20.000 euros/proxecto.

Só se admitirá unha única solicitude de axuda e un único proxecto para un único grupo de actividades por concello.

4. Dada a natureza dos investimentos subvencionables, estes débense manter afectos ao fin para o cal se concedeu a subvención, como mínimo durante cinco anos.

5. O IVE non será subvencionable.

6. As actividades que se van realizar cumprirán co condicionado establecido no anexo VII desta orde.

7. Todo gasto deberá suxeitarse ao establecido nos criterios relativos á subvencionalidade dos gastos no marco dos programas de desenvolvemento rural (PDR) cofinanciados polo Feader, recollidos no Real decreto 1852/2009, do 4 de decembro, polo que se establecen os criterios para subvencionar gastos no marco dos PDR financiados co Feader.

8. As obras obxecto de subvención deberán axustarse á lexislación vixente e, en particular, o interesado deberá contar no momento do inicio dos traballos coas licenzas e autorizacións preceptivas que sexan exixibles polas diferentes administracións públicas competentes e entidades vinculadas ou dependentes delas ao abeiro da normativa sectorial que puider resultar de aplicación. No caso de ser aprobada, a actuación entenderase autorizada no ámbito da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

9. O beneficiario poderá subcontratar totalmente a actividade ou acción subvencionada, respectando en todo caso as prescricións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento, así como na normativa que regula a contratación do sector público. En ningún caso se poderán subcontratar actividades que aumenten o custo da actividade subvencionada e non acheguen valor engadido ao seu contido. Non serán subvencionbles os custos relativos aos seguintes contratos: a) os que aumenten o valor de execución da operación sen fornecer un valor engadido; b) os celebrados con intermediarios ou asesores cuxo pagamento consista nunha porcentaxe de custo total da operación, a non ser que o beneficiario xustifique ese pagamento por referencia ao valor real do traballo realizado ou dos servizos prestados.

10. O cartel e as placas explicativas serán subvencionables.

Artigo 6. Criterios de valoración

As axudas concederanse con base nos criterios de valoración que a seguir se indican:

1. Porcentaxe da superficie do concello incluída na Rede Natura 2000:

– Cando sexa menor do 30 %: 15 puntos.

– Cando sexa entre o 30 % e o 60 %: 20 puntos.

– Cando sexa maior do 60 %: 25 puntos.

A superficie dos diferentes concellos incluída na Rede Natura 2000 indícase no anexo IX.

2. Alcance e contido das repercusións ambientais da acción do proxecto en función da actividade que se vai realizar:

– Actividades pertencentes ao grupo 1.a do artigo 5: ata 10 puntos.

– Actividades pertencentes ao grupo 1.b do artigo 5: ata 15 puntos.

– Actividades pertencentes ao grupo 1.c do artigo 5: ata 20 puntos.

3. Alcance das repercusións e beneficios sociais da acción e contido/calidade do proxecto:

– Segundo os beneficios sociais xerados pola actividade: ata 15 puntos.

– Segundo o contido e calidade do proxecto ou memoria presentada: ata 20 puntos.

4. Porcentaxe de afiliacións á Seguridade Social na agricultura das persoas residentes no concello (Fonte: Instituto Galego de Estadística. Elaboración propia a partir dos ficheiros da Seguridade Social). Período de referencia marzo 2014.

– Cando sexa menor do 7 %: 5 puntos.

– Cando sexa entre o 7 % e o 10 %: 10 puntos.

– Cando sexa maior do 10 %: 15 puntos.

5. Cifras oficiais de poboación do concello a 1.1.2013 (Fonte: Instituto Galego de Estadística a partir do Padrón Municipal de habitantes do Instituto Galego de Estadística).

– Cando sexa menor de 5.000 habitantes: 15 puntos.

– Cando sexa entre 5.000 e 10.000 habitantes:10 puntos.

– Cando sexa maior de 10.000 habitantes: 5 puntos.

Artigo 7. Baremación

1. As axudas solicitadas serán baremadas segundo os criterios xerais de valoración establecidos no artigo 6 desta orde.

2. A dispoñibilidade orzamentaria asignada a esta convocatoria limitará o número de expedientes que se vaian aprobar. Neste sentido, ordenaranse os investimentos solicitados de acordo cos criterios do baremo indicado e aprobaranse estes investimentos de maior a menor puntuación ata esgotar o orzamento dispoñible. En caso de empate en puntos, ordenaranse segundo a contía do investimento, e terá prelación a menor contía. De persistir o empate, prevalecerá o número máis baixo que forman as catro últimas cifras do NIF do solicitante.

Artigo 8. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e irán dirixidas ao servizo de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último do mes.

A presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
(https://sede.xunta.es), de conformidade co establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Non se admitirán as solicitudes que non se presenten por medios electrónicos, conforme o sinalado no parágrafo anterior.

A documentación complementaria presentarase electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para cotexalo coa copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente do formulario principal, a entidade interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.

No caso de que algún dos documentos que ten que presentar a entidade solicitante de forma electrónica, supere os tamaños límite establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a entidade interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.

Artigo 9. Consentimentos e autorizacións

1. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estivesen en poder da Administración xeral e do sector públicos autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requerir á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire este documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

2. A presentación da solicitude de concesión da subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento e debe presentar entón a certificación nos termos previstos regulamentariamente.

3. De conformidade co artigo 13.4 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e co previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xuño, pola que se regulan os rexistros públicos, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a consellería publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesaria dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

Artigo 10. Documentación

Xunto coa solicitude, en orixinal ou debidamente compulsada, deberase presentar a seguinte documentación:

– Copia do NIF da entidade solicitante.

– Acreditación do representante da solicitude por calquera medio válido en dereito de acordo co disposto no artigo 32 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

– Certificación expedida polo secretario/a do Concello relativa á resolución adoptada polo órgano local competente, na cal dispón solicitar a subvención regulada nesta orde.

– Anteproxecto ou memoria técnica asinada por técnico/a competente xustificativos das accións que deberá conter, como mínimo descrición de traballos ou actividades, planos de situación e detalle, orzamento detallado, e co IVE desagregado, calendario e prazo aproximado de execución. No caso de prever achegar medios propios da entidade, presentarase a documentación do proxecto desagregado diferenciando o custo da man de obra que vai achegar xunto cos seus previsibles custos materiais; achegaranse como mínimo, os datos indicados no anexo IV.

Cando a axuda solicitada sexa aprobada e o investimento supere os 12.000 €, presentarase, no prazo dun mes desde o día seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, un proxecto, cos mesmos datos que o documento descritivo, asinado polo/a técnico/a competente.

– Tres ofertas de tres empresas diferentes orzando a execución daquelas unidades que se prevexa executar mediante licitación. Os prezos das unidades de obra das actuacións subvencionables deben axustarse ao valor de mercado. No caso de que as tres ofertas propoñan prezos superiores aos de mercado nalgunha unidade de obra, o servizo provincial, no seu informe proposta de baremación, poderá reducilos empregando como referencia os prezos das unidades de obra doutras ordes do actual Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2007-2013 ou as tarifas de entes instrumentais da Administración (Tragsa e Seaga).

– Autorizacións ou permisos correspondentes para levar a cabo a intervención ou, polo menos, a súa solicitude. Se unha construción está catalogada pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, solicitarase á dita dirección xeral informe da dispoñibilidade de realizar as obras solicitadas.

– Referencia Sixpac das explotacións agrícolas beneficiadas pola acción.

Artigo 11. Modelos normalizados

A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á «Carpeta do cidadán» da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común sen perxuízo do establecido no artigo 8.

Artigo 12. Datos de carácter persoal

De conformidade coa Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta disposición, cuxo tratamento e publicación é autorizado polas persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado «Relacións administrativas coa cidadanía e entidades», cuxo obxecto é xestionar o presente procedemento, así como para informar as persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento. O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer ante a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Secretaría Xeral Técnica, Edificio Administrativo de San Caetano, San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña) ou a través dun correo electrónico a sx.cmati@xunta.es

Artigo 13. Órganos de xestión e resolución

1. A avaliación da documentación presentada xunto coa solicitude realizarana os servizos de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

2. Se a solicitude de subvención non reúne algún dos requisitos exixidos nesta orde, o servizo de Conservación da Natureza da provincia correspondente requirirá o solicitante para que, no prazo de dez días contados a partir do día seguinte ao da recepción do requirimento, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos, indicándolle que, se non o fixer, se poderá considerar desistido da súa petición e será arquivada a solicitude sen máis trámite, de acordo co disposto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. Os servizos de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas remitirán á Dirección Xeral de Conservación da Natureza os expedientes, xunto cun informe-proposta de aprobación, nun prazo máximo de 30 días naturais, contados a partir da data límite de presentación de solicitudes. O servizo provincial acompañará o dito informe-proposta dunha táboa coa baremación proposta, das solicitudes segundo os criterios reflectidos no artigo 6 desta orde e doutro informe complementario asinado por un técnico/a competente desta consellería de que a acción ou actividade é respectuosa coas finalidades e obxectivos da Rede Natura 2000 e que non pon en perigo os valores que xustifican a protección destes espazos, ademais de constituír un uso permitido ou autorizable conforme o Decreto 37/2014, do 27 de marzo.

4. Os expedientes serán avaliados definitivamente por unha comisión creada para tal fin. Esta comisión será presidida pola persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, e serán membros da dita comisión as persoas titulares da Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade, da xefatura do Servizo de Conservación de Espazos Naturais e da xefatura da Sección de Espazos Naturais nos servizos centrais. Este último actuará como secretario/a. Auxiliará o secretario/a un/unha técnico/a da Dirección Xeral de Conservación da Natureza designada para o efecto polo seu titular.

Se algún do membros da comisión non puider participar nunha sesión por calquera causa, será substituído por un/unha funcionario/a da dirección xeral designado/a polo seu titular.

5. A comisión de avaliación dará traslado das súas propostas de resolución á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a quen corresponderá ditar a resolución do procedemento.

6. A proposta de resolución fará mención dos solicitantes para os cales se propón a concesión da subvención e a contía desta de modo individualizado, especificándose a súa avaliación segundo a aplicación dos criterios seguidos para efectuala. As solicitudes para as cales se propoña a súa denegación relacionaranse con indicación da súa causa.

Artigo 14. Resolución

1. A persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nun prazo máximo de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, resolverá conceder ou denegar as axudas solicitadas, en atención aos criterios preferentes contidos nela e ás dispoñibilidades orzamentarias. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación no Diario Oficial de Galicia. Se o último día de prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes do vencemento non houber día equivalente, entenderase que o prazo expira o último do mes.

2. O vencemento do prazo máximo indicado sen que se dite e notifique a resolución posibilitará que os interesados poidan entender desestimada a súa solicitude por silencio administrativo consonte o establecido nos artigos 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, 44.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 2 da Lei 6/2001, do 29 de xuño, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, e sen prexuízo da obriga legal de resolver expresamente de acordo co disposto no artigo 42.1 do mencionado texto legal.

3. Na resolución que se dite especificaranse os gastos subvencionables, o importe da subvención concedida, os prazos de execución e as condicións xerais e particulares da subvención, informarase os beneficiarios de que a medida se subvenciona en virtude dun programa cofinanciado polo Feader e o eixe prioritario 2 do programa de desenvolvemento rural. En todo caso, o prazo para a execución será improrrogable.

4. A resolución motivarase de conformidade co disposto nesta orde e na lexislación vixente en materia de subvencións. Constará, ademais do solicitante ou relación de solicitantes aos cales se concede a axuda, de maneira expresa e, de ser o caso, a desestimación do resto das solicitudes.

5. Así mesmo, as resolucións de concesión da subvención incluiranse no Rexistro Público de Subvencións, Axudas e Convenios e no Rexistro Público de Sancións, creados polos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, co fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencional en Galicia. Os datos incorporados a el poden ser obxecto de rectificación, cancelación e oposición polo interesado. No suposto de que a publicación dos datos do beneficiario poida ser contraria ao respecto e salvagarda da honra e da intimidade persoal e familiar das persoas físicas segundo a Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, de protección civil do dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe, este poderá facer constar o seu dereito a que non se fagan públicos os seus datos.

Artigo 15. Recursos

A resolución ditada, segundo o disposto no número 1 do artigo anterior, porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza a notificación da resolución ou de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se entenda desestimada a solicitude por silencio administrativo, ou ben impugnala directamente ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo coa lexislación da xurisdición contencioso-administrativa.

Artigo 16. Publicidade

1. Deberase publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das axudas concedidas cando o seu importe, individualmente consideradas, sexa igual ou superior aos 3.000 €. Para as de contía inferior, a relación das concedidas e denegadas farase pública a través da páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es), nos termos establecidos no artigo 13, puntos 3 e 4, da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega, e tamén as sancións que se puidesen impoñer, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos dos beneficiarios e da súa publicación na citada páxina web.

2. Así mesmo, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa exixencia de publicidade da axuda concedida ao abeiro do artigo 15.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. Deste xeito, sempre e cando a execución da actividade o permita, deberá pór un cartel, en lugar ben visible, preferentemente no acceso ao recinto, nos casos das subvencións concedidas para investimentos materiais (anexo VI), que fará referencia clara e inequívoca á axuda concedida con expresión dos datos identificativos desta orde, que deberán ir acompañados polo logotipo oficial da Xunta de Galicia e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

3. Do mesmo xeito, consonte o establecido no artigo 58 e no anexo VI do Regulamento (CE)1974/2006, o beneficiario das axudas deberá cumprir coa normativa sobre información e publicidade das axudas do Feader indicadas no anexo VI do dito regulamento.

En particular, o beneficiario deberá colocar unha placa explicativa, no mesmo cartel que o descrito no punto 2 deste artigo, na cal figurará unha descrición do proxecto así como a bandeira europea e o lema «Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural: Europa inviste nas zonas rurais».

Artigo 17. Modificación da resolución

Toda alteración nas condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e segundo o establecido na normativa que regula o seu desenvolvemento.

Artigo 18. Aceptación

Se renunciar á subvención concedida, o beneficiario, no prazo de dez días naturais contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda, deberá notificalo á Dirección Xeral de Conservación da Natureza (anexo III).

Se así non o fixer no indicado prazo, entenderase que acepta esta.

No caso de renuncias por parte de beneficiarios, poderanse ditar novas resolucións en función das dispoñibilidades orzamentarias derivadas das renuncias, sempre que existan solicitantes que, cumprindo cos requisitos para seren beneficiarios das axudas, non obtivesen puntuación suficiente, en aplicación dos criterios de valoración, para seren beneficiarios da subvención.

Artigo 19. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades non financiadas con fondos comunitarios, sempre que a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos subvencionables, consonte o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

En todo caso, serán incompatibles coa concesión de axudas reguladas pola orde reguladora das axudas en materia de conservación dos recursos naturais e o fomento de accións para a poboación local para o desenvolvemento sustentable dos espazos declarados como parques naturais na Comunidade Autónoma de Galicia.

Artigo 20. Xustificación e pagamento

1. O pagamento da subvención efectuarase do seguinte modo:

a) Un primeiro pagamento no ano 2014, unha vez xustificada a realización da actividade correspondente.

Poderase solicitar o aboamento dun único pagamento anticipado (anexo VIII), que non poderá superar o 50 % da axuda concedida nin a anualidade prevista no exercicio orzamentario 2014. O beneficiario deberá solicitalo por escrito ante a Dirección Xeral de Conservación da Natureza nun prazo de 10 días contados desde o seguinte ao de notificación da resolución de concesión da axuda. Xunto coa solicitude de anticipo presentarase a garantía escrita do alcalde presidente do 110 % do importe anticipado, se finalizado o prazo de xustificación final da actuación, non tiver dereito ao importe percibido, de acordo coa normativa Feader Regulamento (CE) 1974/2006, modificado polo Regulamento (CE) 363/2009.

b) Un segundo pagamento no ano 2015, unha vez xustificada a realización da actividade correspondente.

2. Unha vez efectuado o investimento ou realizado o gasto ou a actividade, o beneficiario deberá comunicalo ao Servizo de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (anexo V).

3. Os servizos de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas deberán certificar, despois da inspección in situ, que os investimentos se realizaron de acordo coa resolución aprobada.

4. No caso de execucións parciais da actividade, e sempre e cando non comprometan a finalidade da actividade obxecto da subvención, detraerase da axuda inicialmente concedida a parte proporcional da actividade non executada. Do mesmo xeito, se o custo xustificado da actividade ou investimento for inferior ao que figura na resolución de concesión, manterase a axuda pero diminuirase proporcionalmente o seu importe.

En caso de discrepancias entre o importe da axuda cuxo pagamento se solicita e o importe da axuda correspondente aos investimentos dos cales os servizos provinciais de Conservación da Natureza certifican a súa correcta realización, aplicarase o artigo 30 do Regulamento (UE) 65/2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedementos de control en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Establecerase:

a) O importe que se aboará ao beneficiario en función exclusivamente da solicitude de pagamento presentada.

b) O importe que se aboará ao beneficiario após o estudo da admisibilidade da solicitude de pagamento, documentación xustificativa presentada e realidade física dos investimentos correspondentes.

Se o importe establecido segundo a letra a) supera o importe establecido segundo a letra b) en mais dun 3 % o importe pagadoiro resultará de aplicar unha redución ao importe establecido segundo a letra b) igual á diferenza entre os dous importes citados.

5. Xunto coa notificación do remate dos traballos e solicitude de pagamento, a entidade beneficiaria deberá presentar, para os efectos de xustificación da actividade ou acción subvencionada, as facturas en orixinais e demais documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa polo importe total do investimento, de conformidade co disposto no artigo 28 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, na súa normativa de desenvolvemento e na normativa comunitaria aplicable. As facturas marcaranse cun selo en que se indique a orde reguladora da subvención para cuxa xustificación foron presentadas e se o importe do xustificado se imputa total ou parcialmente á subvención, indicando, neste último caso, a contía exacta que resulte afectada pola subvención, así como que é cofinanciada co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader). Ademais, acompañarase dalgún dos seguintes documentos xustificativos do pagamento:

a) Xustificante bancario do pagamento polo/a beneficiario/a (xustificante de transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso en efectivo por portelo, certificación bancaria, etc.) en que conste, de xeito expreso, o número da factura obxecto de pagamento, identificación do/a beneficiario/a que paga e do destinatario do pagamento, que deberá coincidir coa persoa, empresa ou entidade que emitiu a factura, e con data anterior á de xustificación dos traballos e á cantidade ou cantidades que figuren nas devanditas facturas.

b) Se o pagamento se instrumenta mediante efectos mercantís que permitan o pagamento aprazado (cheque, nota promisoria, letra de cambio, etc.) achegarase a factura xunto coa copia do efecto mercantil, e a documentación bancaria (extracto da conta do/a beneficiario/a, documento bancario acreditativo do pagamento do efecto, etc.) en que conste claramente que este efecto foi efectivamente pagado dentro do prazo de xustificación.

c) Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto, por provedor non supere os 1.000 €. Neste caso, o pagamento xustificarase mediante certificación expresa, asinada, datada e selada polo provedor, en que se faga constar a recepción do importe facturado e o medio de pagamento empregado, así como o compromiso do provedor de someterse ás actuacións de control e comprobación na súa contabilidade da realidade do pagamento.

d) Para gastos que non superen os 300 € admitirase como xustificante de pagamento a factura asinada e selada polo provedor na cal figure a expresión «recibín» en metálico.

e) No caso de que o/a beneficiario/a realice os traballos polos seus propios medios, deberá presentar un documento xustificativo de ter realizado os traballos polos seus propios medios (horas de traballo/superficie, custo hora ...), de posuír a maquinaria ou outros medios con que realizar os traballos e os xustificantes de gastos polo importe total dos investimentos. Neste suposto débese de xustificar o custo con documentos contables comprobatorios do gasto e pagamento.

6. No momento de xustificación da execución total do proxecto, con anterioridade ao pagamento, o beneficiario deberá presentar unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución, para esta mesma finalidade, das distintas administracións públicas competentes ou das súas entidades vinculadas ou dependentes (anexo II).

7. A notificación e remate das accións (total ou parcial) e solicitude de pagamento das axudas deberá xustificarse con data límite do 15 de novembro de 2014 para a anualidade do ano 2014 e do 15 de xuño de 2015 para a anualidade do ano 2015. Estes prazos serán en todo caso improrrogables. Para estes efectos considérase gasto realizado o que foi efectivamente aboado con anterioridade á finalización do período de xustificación.

8. No caso dos concellos que solicitasen o anticipo da anualidade 2014 poderán realizar a xustificación do importe anticipado na data establecida para a anualidade 2015.

Artigo 21. Financiamento

1. Esta orde financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 07.05.541B.760.3 (Axudas a concellos en Rede Natura 2000) por un importe de 1.823.415,58 euros, coa seguinte distribución por anualidades: 1.120.740,15 euros para o ano 2014 e 702.675,43 euros para o ano 2015.

Financiarase integramente con cargo ao Programa de desenvolvemento rural de Galicia, cunha achega do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) do 75 %.

2. Esta dotación inicial poderase modificar en proporción ao número de solicitudes e ás dispoñibilidades orzamentarias, con cargo ás mesmas aplicacións e nas condicións previstas no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 22. Control das actividades subvencionadas

1. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderá, en calquera momento, inspeccionar e controlar o destino das axudas e o cumprimento dos fins para as cales foron concedidas. En consecuencia, os servizos de Conservación da Natureza dos departamentos territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderán facer visitas e inspeccións nos lugares onde realizasen as actividades, mesmo con carácter previo á concesión das axudas, para comprobar a súa adecuación á normativa vixente, así como solicitar, en calquera momento da tramitación do procedemento, canta documentación se considere necesaria para comprobar a adecuada execución das actividades que foron obxecto das axudas.

2. O beneficiario someterase ás actuacións de comprobación e control financeiro dos investimentos subvencionados por parte da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ao Consello de Contas, ao Tribunal de Contas e ás instancias de control comunitarias con suxeición ao Plan galego de controis en canto a procedementos de control en relación coas medidas cofinanciadas co Feader.

Artigo 23. Obriga de facilitar información

1. Ademais da documentación complementaria que os órganos correspondentes da Dirección Xeral de Conservación da Natureza poidan exixir durante a tramitación do procedemento, os beneficiarios das axudas previstas nesta orde teñen a obriga, consonte os artigos 42 e 45 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, de facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, polo Tribunal de Contas e polo Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas públicas.

2. Para efectos de comprobación e control, os beneficiarios deberán conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos percibidos, incluídos os documentos electrónicos, polo menos durante cinco anos desde o último pagamento.

3. Os beneficiarios teñen a obriga de levar un sistema de contabilidade separado ou ben un código contable adecuado para todas as transaccións relativas á operación subvencionada.

Artigo 24. Revogación e reintegro

1. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de mora, de acordo co establecido no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, nos seguintes casos:

a) Obtención da subvención falseando as condicións requiridas para iso ou ocultando aquelas que o impedirían.

b) Incumprimento total ou parcial do obxectivo, da actividade ou do proxecto ou non adopción do comportamento que fundamentan a concesión da subvención.

c) Incumprimento da obriga de xustificación ou a xustificación insuficiente, nos termos establecidos no artigo 18 desta orde e na lexislación aplicable en materia de subvencións.

d) Incumprimento da obriga de adoptar as medidas de difusión e publicidade contidas nos puntos 2 e 3 do artigo 14 desta orde.

e) Resistencia, escusa, obstrución ou negativa ás actuacións de comprobación e control financeiro incluídas nesta orde e no resto da lexislación aplicable en materia de subvencións, así como o incumprimento das obrigas contables, rexistrais ou de conservación de documentos cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas ou a concorrencia de subvencións, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedente de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

f) Incumprimento das obrigas impostas aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes asumidos con motivo da concesión da subvención, sempre que afecten ou se refiran ao modo en que se conseguen os obxectivos, se realiza a actividade, se executa o proxecto ou se adopta o comportamento que fundamenta a concesión da subvención.

g) Incumprimento das obrigas impostas pola Administración aos beneficiarios, así como dos compromisos por estes adquiridos, con motivo da concesión da subvención, distintos dos anteriores, cando diso derive a imposibilidade de verificar o emprego dado aos fondos percibidos, o cumprimento do obxectivo, a realidade e regularidade das actividades subvencionadas, axudas, ingresos ou recursos, para a mesma finalidade, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, estatal, da Unión Europea ou de organismos internacionais.

h) Adopción, en virtude do establecido nos artigos 107 a 109 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea, dunha decisión da cal derive unha necesidade de reintegro.

i) Incumprimento de calquera das obrigas do beneficiario incluídas nesta orde e na normativa que resulta de aplicación.

2. Nestes supostos, a consellería reclamará directamente a devolución das cantidades aboadas en concepto de axudas e os xuros de demora producidos en función do tempo transcorrido entre a finalización do prazo de pagamento para o beneficiario indicado na orde de recuperación, que non poderá fixarse en máis de 60 días entre a data de reembolso ou deducción, de acordo co Regulamento 937/2012, do 12 de outubro, polo que se modifica o texto do artigo 5 número 2 do Regulamento (CE) 65/2011, do 27 de xaneiro, sen prexuízo das responsabilidades a que houber lugar.

De descubrirse que un beneficiario efectuou deliberadamente unha declaración falsa, o expediente de axuda de que se trate quedará excluído da axuda do Feader e recuperaranse todos os importes aboados polo dito expediente. Ademais, o beneficiario quedará excluído do Feader de que se trate durante o exercicio do Feader seguinte.

3. Nos casos de anulación ou minoración por certificación final das cantidades inicialmente aprobadas, as dotacións orzamentarias resultantes poderánlles ser adxudicadas a outros beneficiarios de acordo coa relación de prioridades e a orde establecida.

4. Naqueles supostos en que o importe das subvencións recibidas polo beneficiario exceda os custos da actividade, procederase a solicitar a devolución da cantidade percibida que exceda o custo real da actividade.

5. En todos caso, o procedemento de reintegro observará as prescricións contidas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da dita lei.

Artigo 25. Infraccións e sancións

Aos beneficiarios seralles de aplicación, nos seus propios termos, o réxime de infraccións e sancións en materia de subvencións establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como o procedemento previsto no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora.

Do mesmo xeito será de aplicación o Regulamento (UE) 65/2011, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (CE) 1698/2005 no que respecta á aplicación dos procedementos de control en relación coas medidas de axuda ao desenvolvemento rural.

Disposición adicional primeira

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas poderá reproducir, almacenar e distribuír por calquera medio, electrónico, en soporte papel ou outros semellantes, a información obtida e os traballos subvencionados mediante esta orde de convocatoria de axudas, citando as fontes dos/as titulares dos dereitos de propiedade intelectual respectando en todo caso as prescricións contidas na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

Disposición adicional segunda

No caso de que, atendidas as solicitudes presentadas nesta convocatoria, haxa un remanente de crédito, poderase reabrir o prazo tantas veces como se considere oportuno ata esgotar a consignación orzamentaria, por orde publicada no Diario Oficial de Galicia.

Disposición adicional terceira

Delégase na persoa titular da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o exercicio da competencia para resolver as axudas obxecto desta orde, contida no artigo 12.1, conforme o disposto no artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como a modificación da dita resolución.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Conservación da Natureza para ditar, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o desenvolvemento e cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2014

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO VI
Condicionado das accións

1. Limpeza, restauración de camiños.

Para a realización destas actuacións deberase ter en conta o seguinte:

– Na reparación do piso, os traballos axustaranse á mellora da explanación existente sen producir modificacións no trazado nin na largura das vías.

– Exclúese o fornecemento de materiais aglomerados, asfálticos, formigón ou similares excepto na execución das obras transversais nos camiños.

– O acondicionamento de cunetas non afectará os noiros adxacentes nin as árbores próximas.

– Poderase actuar nun máximo de 250 metros lineais de camiño por cada 10 ha de terreo.

2. Protección e restauración de elementos de valor patrimonial nas explotacións agrícolas.

– Realizarase a adecuación paisaxística dos elementos mediante a instalación de cubertas tradicionais, revestimentos de fachadas con materiais propios da zona e adecuación das portas, portóns, fiestras...paisaxisticamente asumibles.

3. Preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes.

– Creación de ripisilvas de estrutura complexa, de máis de 10 metros de largura, con vistas a aumentar a calidade ecolóxica das beiras dos ríos, regos e regatos, en tramos onde este tipo de ecosistema fose substituído.

– A repoboación farase con especies ripícolas propias da vexetación natural do contorno, respectándose a vexetación autóctona preexistente.

4. Mantemento de sebes.

– As sebes deben atoparse entre parcelas ou en bordos non cultivados.

– As especies que se utilicen serán frondosas autóctonas da zona.

– Terán, cando menos, 1,5 metros de largura.

missing image file

ANEXO IX
Porcentaxe de superficie incluída na Rede Natura 2000

Concello

Provincia

Superficie concello ha

Superficie en Rede Natura ha

% superficie en Rede Natura

A Cañiza

Pontevedra

10.738,32

1,18

0,01 %

A Capela

A Coruña

5.696,34

1.579,36

27,73 %

A Estrada

Pontevedra

28.055,34

472,26

1,68 %

A Fonsagrada

Lugo

43.836,88

3.528,09

8,05 %

A Guarda

Pontevedra

2.049,92

567,05

27,66 %

A Gudiña

Ourense

17.137,62

832,64

4,86 %

A Illa de Arousa

Pontevedra

641,121

110,04

17,16 %

A Lama

Pontevedra

11.168,09

3.388,38

30,34 %

A Laracha

A Coruña

12.566,49

84,73

0,67 %

A Mezquita

Ourense

10.424,97

4.813,00

46,17 %

A Pobra de Trives

Ourense

8.414,18

2.468,42

29,34 %

A Pobra do Brollón

Lugo

17.665,36

2.720,77

15,40 %

A Pontenova

Lugo

13.572,94

1.292,58

9,52 %

A Veiga

Ourense

29.045,66

10.497,66

36,14 %

Abadín

Lugo

19.594,38

3.952,57

20,17 %

Abegondo

A Coruña

8.384,51

352,73

4,21 %

Agolada

Pontevedra

14.776,38

653,81

4,42 %

Alfoz

Lugo

7.746,72

1.831,96

23,65 %

Ames

A Coruña

7.998,10

56,03

0,70 %

Aranga

A Coruña

12.010,59

68,47

0,57 %

Arbo

Pontevedra

4.290,15

184,72

4,31 %

Ares

A Coruña

1.827,66

25,13

1,37 %

Arteixo

A Coruña

9.328,92

225,76

2,42 %

As Neves

Pontevedra

6.545,56

192,54

2,94 %

As Nogais

Lugo

11.032,20

4.331,45

39,26 %

As Pontes de García Rodríguez

A Coruña

25.039,97

2.319,51

9,26 %

As Somozas

A Coruña

7.092,48

599,36

8,45 %

Baiona

Pontevedra

3.441,29

69,53

2,02 %

Baleira

Lugo

16.876,82

1.177,95

6,98 %

Bande

Ourense

9.890,21

1.137,96

11,51 %

Barreiros

Lugo

7.239,76

210,19

2,90 %

Beariz

Ourense

5.593,00

617,65

11,04 %

Becerreá

Lugo

17.200,86

873,69

5,08 %

Begonte

Lugo

12.673,08

1.320,56

10,42 %

Bergondo

A Coruña

3.269,83

214,22

6,55 %

Betanzos

A Coruña

2.423,60

232,15

9,58 %

Boqueixón

A Coruña

7.312,60

31,26

0,43 %

Bóveda

Lugo

9.107,26

269,89

2,96 %

Brión

A Coruña

7.483,68

80,31

1,07 %

Bueu

Pontevedra

2.636,83

603,91

22,90 %

Cabana de Bergantiños

A Coruña

10.001,13

308,60

3,09 %

Cabanas

A Coruña

2.972,58

659,29

22,18 %

Calvos de Randín

Ourense

9.765,57

3.151,44

32,27 %

Camariñas

A Coruña

5.178,52

1.200,48

23,18 %

Cambados

Pontevedra

2336,815

362,50

15,51 %

Cambre

A Coruña

4.067,07

53,67

1,32 %

Campo Lameiro

Pontevedra

6.373,66

18,78

0,29 %

Cangas

Pontevedra

3.803,66

430,51

11,32 %

Carballeda de Valdeorras

Ourense

22.267,85

3.233,92

14,52 %

Carballedo

Lugo

13.877,25

323,50

2,33 %

Carballo

A Coruña

18.668,88

789,26

4,23 %

Cariño

A Coruña

4.790,41

2.133,10

44,53 %

Carnota

A Coruña

7.064,00

2.961,56

41,92 %

Carral

A Coruña

4.798,86

26,22

0,55 %

Castrelo do Val

Ourense

12.200,92

78,30

0,64 %

Castro de Rei

Lugo

17.690,00

124,14

0,70 %

Catoira

Pontevedra

2.935,76

25,47

0,87 %

Cedeira

A Coruña

8.535,47

1.829,93

21,44 %

Cee

A Coruña

5.746,53

481,94

8,39 %

Cerdedo

Pontevedra

7.976,58

1.198,53

15,03 %

Cerdido

A Coruña

5.268,59

100,37

1,91 %

Cervantes

Lugo

27.759,54

27.063,83

97,49 %

Cervo

Lugo

7.773,20

245,12

3,15 %

Chandrexa de Queixa

Ourense

17.174,59

10.144,48

59,07 %

Chantada

Lugo

17.662,64

1.890,24

10,70 %

Coirós

A Coruña

3.361,09

80,35

2,39 %

Corcubión

A Coruña

660,1

8,50

1,29 %

Coristanco

A Coruña

14.102,67

41,64

0,30 %

Cospeito

Lugo

14.472,36

980,31

6,77 %

Cotobade

Pontevedra

13.458,25

597,94

4,44 %

Covelo

Pontevedra

12.521,42

132,81

1,06 %

Crecente

Pontevedra

5.741,47

70,55

1,23 %

Dodro

A Coruña

3.609,14

250,04

6,93 %

Dumbría

A Coruña

12.464,61

1.179,45

9,46 %

Entrimo

Ourense

8.446,33

5.441,81

64,43 %

Ferrol

A Coruña

8.307,25

1.520,78

18,31 %

Fisterra

A Coruña

2.940,15

675,46

22,97 %

Folgoso do Courel

Lugo

19.276,35

18.509,88

96,02 %

Forcarei

Pontevedra

16.826,36

4.028,87

23,94 %

Fornelos de Montes

Pontevedra

8.304,06

2,20

0,03 %

Foz

Lugo

10.025,27

159,58

1,59 %

Frades

A Coruña

8.167,74

76,72

0,94 %

Friol

Lugo

29.197,85

63,23

0,22 %

Guitiriz

Lugo

29.356,70

275,51

0,94 %

Irixoa

A Coruña

6.818,34

37,44

0,55 %

Lalín

Pontevedra

32.660,80

4.023,21

12,32 %

Larouco

Ourense

2.368,52

443,83

18,74 %

Laxe

A Coruña

3.634,74

553,58

15,23 %

Laza

Ourense

21.583,01

3.741,27

17,33 %

Lobeira

Ourense

6.883,69

3.376,49

49,05 %

Lobios

Ourense

16.827,15

10.958,23

65,12 %

Lourenzá

Lugo

6.261,70

19,82

0,32 %

Lugo

Lugo

32.962,81

273,37

0,83 %

Malpica de Bergantiños

A Coruña

6.036,59

1.228,96

20,36 %

Manzaneda

Ourense

11.455,81

11.017,23

96,17 %

Mañón

A Coruña

8.216,07

587,32

7,15 %

Mazaricos

A Coruña

18.712,45

31,00

0,17 %

Meaño

Pontevedra

2.777,57

29,64

1,07 %

Meira

Lugo

4.653,92

2,69

0,06 %

Melide

A Coruña

10.123,53

1.373,41

13,57 %

Mesía

A Coruña

10.662,16

37,97

0,36 %

Miño

A Coruña

3.250,10

8,28

0,25 %

Moaña

Pontevedra

3.504,90

1,19

0,03 %

Moeche

A Coruña

4.846,78

13,99

0,29 %

Mondariz

Pontevedra

8.506,17

93,31

1,10 %

Mondariz-Balneario

Pontevedra

230,503

9,24

4,01 %

Mondoñedo

Lugo

14.259,63

2.133,74

14,96 %

Monfero

A Coruña

17.247,99

5.951,32

34,50 %

Monforte de Lemos

Lugo

19.943,26

109,58

0,55 %

Montederramo

Ourense

13.550,61

2.357,80

17,40 %

Monterrei

Ourense

11.906,18

144,54

1,21 %

Mugardos

A Coruña

1.276,28

3,79

0,30 %

Muíños

Ourense

10.964,91

4.316,27

39,36 %

Muras

Lugo

16.373,78

5.735,24

35,03 %

Muros

A Coruña

7.277,04

350,75

4,82 %

Muxía

A Coruña

12.119,94

751,08

6,20 %

Narón

A Coruña

6.696,11

388,94

5,81 %

Navia de Suarna

Lugo

24.253,63

17.572,00

72,45 %

Neda

A Coruña

2.397,90

12,40

0,52 %

Negreira

A Coruña

11.501,39

11,14

0,10 %

Negueira de Muñiz

Lugo

7.225,35

4.528,26

62,67 %

Nigrán

Pontevedra

3.455,48

30,89

0,89 %

Nogueira de Ramuín

Ourense

9.827,72

1.234,88

12,57 %

Noia

A Coruña

3.717,81

208,93

5,62 %

O Bolo

Ourense

9.114,87

2.997,39

32,88 %

O Grove

Pontevedra

2.052,35

590,38

28,77 %

O Incio

Lugo

14.619,06

1.425,20

9,75 %

O Irixo

Ourense

12.097,22

1.471,03

12,16 %

O Pino

A Coruña

13.176,22

36,79

0,28 %

O Porriño

Pontevedra

6.116,94

391,90

6,41 %

O Rosal

Pontevedra

4.409,42

449,13

10,19 %

O Valadouro

Lugo

11.040,12

2.750,37

24,91 %

O Vicedo

Lugo

7.571,57

207,79

2,74 %

Oímbra

Ourense

6.843,17

30,14

0,44 %

Oleiros

A Coruña

4.368,28

315,73

7,23 %

Ordes

A Coruña

15.719,68

78,82

0,50 %

Oroso

A Coruña

7.203,61

167,54

2,33 %

Ortigueira

A Coruña

20.860,23

1.391,69

6,67 %

Ourol

Lugo

14.200,11

1.127,24

7,94 %

Outeiro de Rei

Lugo

13.413,25

426,51

3,18 %

Outes

A Coruña

9.965,34

270,80

2,72 %

Oza dos Ríos

A Coruña

7.187,15

23,43

0,33 %

Paderne

A Coruña

3.989,85

212,88

5,34 %

Padrenda

Ourense

5.699,62

2.556,15

44,85 %

Padrón

A Coruña

4.833,50

98,88

2,05 %

Palas de Rei

Lugo

19.956,44

937,44

4,70 %

Pantón

Lugo

14.316,76

1.297,63

9,06 %

Parada de Sil

Ourense

6.240,66

977,08

15,66 %

Pazos de Borbén

Pontevedra

4.995,13

7,47

0,15 %

Pedrafita do Cebreiro

Lugo

10.488,52

10.265,19

97,87 %

Petín

Ourense

3.047,49

165,76

5,44 %

Ponteareas

Pontevedra

12.546,40

81,24

0,65 %

Ponteceso

A Coruña

9.193,18

1.151,56

12,53 %

Pontecesures

Pontevedra

668,911

9,04

1,35 %

Pontedeume

A Coruña

2.940,18

180,27

6,13 %

Pontevedra

Pontevedra

11.826,94

71,57

0,61 %

Porqueira

Ourense

4.337,86

462,57

10,66 %

Porto do Son

A Coruña

9.456,43

528,34

5,59 %

Quintela de Leirado

Ourense

3.124,28

1.098,50

35,16 %

Quiroga

Lugo

31.732,18

11.671,61

36,78 %

Rábade

Lugo

516,815

12,44

2,41 %

Rairiz de Veiga

Ourense

7.206,87

872,48

12,11 %

Redondela

Pontevedra

5.200,45

15,84

0,30 %

Rianxo

A Coruña

5.881,26

24,82

0,42 %

Ribadeo

Lugo

10.888,52

724,68

6,66 %

Ribadumia

Pontevedra

1.966,32

90,37

4,60 %

Ribas de Sil

Lugo

6.776,19

345,25

5,10 %

Ribeira

A Coruña

6.630,52

1.079,59

16,28 %

Ribeira de Piquín

Lugo

7.297,32

414,52

5,68 %

Riotorto

Lugo

6.631,00

0,38

0,01 %

Rodeiro

Pontevedra

15.480,31

1.017,46

6,57 %

Rois

A Coruña

9.268,37

11,85

0,13 %

Rubiá

Ourense

10.065,99

1.725,58

17,14 %

Salceda de Caselas

Pontevedra

3.589,03

20,09

0,56 %

Salvaterra de Miño

Pontevedra

6.248,91

220,73

3,53 %

Samos

Lugo

13.657,49

7.819,79

57,26 %

San Cristovo de Cea

Ourense

9.438,37

2.076,50

22,00 %

San Sadurniño

A Coruña

9.985,99

1.214,33

12,16 %

Sandiás

Ourense

5.283,45

570,10

10,79 %

Santiago de Compostela

A Coruña

22.038,66

102,03

0,46 %

Santiso

A Coruña

6.734,20

1.079,53

16,03 %

Sanxenxo

Pontevedra

4.496,75

358,75

7,98 %

Sarreaus

Ourense

7.729,03

538,40

6,97 %

Silleda

Pontevedra

16.784,05

2.127,00

12,67 %

Sober

Lugo

13.328,15

2.455,66

18,42 %

Soutomaior

Pontevedra

2.496,96

2,40

0,10 %

Teo

A Coruña

7.923,97

39,84

0,50 %

Tomiño

Pontevedra

10.651,75

569,90

5,35 %

Toques

A Coruña

7.786,73

3.238,70

41,59 %

Tordoia

A Coruña

12.443,23

30,79

0,25 %

Touro

A Coruña

11.525,54

19,64

0,17 %

Trabada

Lugo

8.268,55

57,95

0,70 %

Trasmiras

Ourense

5.673,47

1.058,50

18,66 %

Trazo

A Coruña

10.134,19

52,57

0,52 %

Triacastela

Lugo

5.116,76

1.725,75

33,73 %

Tui

Pontevedra

6.826,02

1.417,19

20,76 %

Valdoviño

A Coruña

8.813,68

1.470,02

16,68 %

Valga

Pontevedra

4.060,63

136,61

3,36 %

Vedra

A Coruña

5.274,03

73,43

1,39 %

Verea

Ourense

9.417,35

1.756,86

18,66 %

Verín

Ourense

9.403,19

265,61

2,82 %

Viana do Bolo

Ourense

27.035,79

11.089,82

41,02 %

Vigo

Pontevedra

10.511,72

457,72

4,35 %

Vila de Cruces

Pontevedra

15.485,43

455,77

2,94 %

Vilaboa

Pontevedra

3.685,13

69,85

1,90 %

Vilalba

Lugo

37.882,20

3.729,16

9,84 %

Vilar de Barrio

Ourense

10.669,59

357,68

3,35 %

Vilar de Santos

Ourense

2.070,35

106,20

5,13 %

Vilariño de Conso

Ourense

20.016,45

15.727,40

78,57 %

Vimianzo

A Coruña

18.738,66

3,71

0,02 %

Viveiro

Lugo

10.930,17

1.109,70

10,15 %

Xermade

Lugo

16.651,15

1.865,09

11,20 %

Xinzo de Limia

Ourense

13.268,08

1.335,30

10,06 %

Xove

Lugo

8.903,84

951,92

10,69 %

Xunqueira de Ambía

Ourense

6.020,88

1.655,60

27,50 %