Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 34029

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual do vixente PXOU para adaptar o ámbito do sector de solo urbanizable A-1.2, no Vao-Campañó, con ordenación detallada.

O Pleno do Concello de Pontevedra, na sesión ordinaria que tivo lugar no 21.7.2014, adoptou o seguinte acordo que na súa parte dispositiva literalmente di:

«(...)Primeiro. Prestar aprobación inicial ao “Proxecto de modificación puntual con ordenación detallada do vixente Plan xeral de ordenación urbana de Pontevedra, para o solo urbanizable A-1.2” no Vao-Campañó; instrumento urbanístico redactado polos arquitectos Eugenio Jiménez Passolas, Gustavo Pérez Álvarez e Amador Rey Camiño e datado en maio de 2014.

Segundo. Dispoñer o sometemento deste expediente a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia, Boletín Oficial da provincia, taboleiro de editos do Concello de Pontevedra, na páxina web http://www.pontevedra.eu e en dous dos xornais de maior difusión da provincia, con audiencia aos municipios limítrofes e notificación individual aos interesados que figuren no catastro e, todo isto, para os efectos de que durante tal período poidan formularse as alegacións e suxestións oportunas, computándose o prazo de alegacións desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e ata o transcurso do prazo de dous meses contados desde a última das publicacións referidas.

Terceiro. Dispoñer a suspensión das licenzas de edificación, parcelamento e demolición no ámbito territorial obxecto da presente modificación e que se concreta no plano do resumo executivo que será obxecto de publicación xunto cos anuncios da aprobación inicial, con referencia ao proxecto de modificación puntual respecto da nova normativa proposta.

Cuarto. Incorporar ao procedemento os informes xa emitidos e solicitar expresamente a emisión de informes sectoriais da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura Educación e Ordenación Universitaria, en materia de protección do patrimonio cultural, do Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo ao abeiro do artigo 35.2 da Lei 9/2014, do 9 de maio, xeral de telecomunicacións, de Augas de Galicia e do Ministerio de Fomento en materia de servidumes aeronáuticas, outorgando para tales efectos o prazo dun mes contado desde a notificación deste acordo, agás que a lexislación sectorial sinale outro prazo.

Conceder tamén audiencia aos seguintes organismos, coa petición de que remitan este acordo aos diversos órganos periféricos das súas respectivas administracións públicas con atribucións na materia, co fin de que poidan formular as correspondentes suxestións/alegacións ou emitir os seus oportunos informes, no prazo dun mes, prazo durante o cal se pode examinar no Concello o expediente:

– Delegación do Goberno central en Galicia.

– Delegación Territorial de Pontevedra da Xunta de Galicia.(...)».

Pontevedra, 31 de xullo de 2014

O secretario xeral do Pleno, P.D.
A técnica de Administración Xeral do SUMAPH

Resumo executivo:

missing image file