Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 34028

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Narón

ANUNCIO de información pública sobre almacén loxístico e mantemento de equipamentos no polígono Río do Pozo.

ACSM Agencia Marítima, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para almacén loxístico e mantemento de equipamentos na parcela W34, sector IV, polígono Río do Pozo. En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, co fin de que os afectados pola actividade que se pretende instalar poidan examinalo e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas no Departamento de Urbanismo deste concello.

Narón, 24 de xuño de 2014

Alfonso de Prado Fernández-Canteli
Secretario xeral