Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 34032

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO (expediente 11320/411).

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente do 1 de xullo de 2014, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan parcial do sector S-32-R Gorgoso, elaborado por TAU Promociones, S.A., composto pola documentación asinada en novembro de 2012, xullo e decembro de 2013 polo arquitecto Enrique Acuña Fernández, o ISA, datado en novembro de 2012, e asinado pola bióloga Patricia Villot Cameselle e demais, relacionada no informe proposta supra transcrito, con fundamento no informe da xefa de Planeamento e Xestión do 19.6.2014.

Segundo. Abrir un trámite de información pública e consultas polo prazo de dous meses, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous dos xornais de maior circulación da provincia. Durante este prazo recadaranse os informes sectoriais preceptivos. A fase de consultas sobre o documento de aprobación inicial do plan parcial, que incluirá o ISA, realizarase como mínimo e de forma individualizada ás administracións públicas afectadas e ao público interesado que se citan no documento de referencia.

Terceiro. Acordar, consonte o artigo 77.2 da Louga, a suspensión de licenzas no ámbito afectado no que resulte incompatible coa nova ordenación, significando que está conformado polo ámbito definido no plan parcial inicialmente aprobado, cuxa delimitación será, así mesmo, obxecto da publicación referida no punto segundo deste acordo.

Cuarto. Publicar este acordo, xunto cos documentos integrantes do Plan parcial do sector S-32-R Gorgoso, na web do Concello de Vigo.

Quinto. Notificarlles este acordo individualmente, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da LRXAP-PAC, a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares no Catastro, coa indicación expresa de que ao tratarse dun mero acto de trámite non é susceptible de recurso administrativo».

Procede a apertura dun trámite de información pública polo prazo de dous meses, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous dos xornais de maior circulación da provincia.

Durante o período de exposición pública o expediente estará á disposición do público en xeral na páxina web do Concello de Vigo (www.vigo.org), así como no departamento municipal de información da Xerencia de Urbanismo (sito na planta baixa do Edificio da Xerencia de Urbanismo, praza do Rei, s/n), de luns a venres, das 9.00 ás 13.30 horas, para a súa consulta e a presentación de cantos documentos ou escritos de alegacións consideren convenientes.

Vigo, 7 de xullo de 2014

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo

missing image file