Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33968

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

EDICTO do 18 de xullo de 2014, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se resolve o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Costa de Eirexa, a favor dos veciños da Eirexa, parroquia de Ribela, no concello de Coles.

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2014, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Costa de Eirexa, solicitada a favor dos veciños da Eirexa, na parroquia de Ribela, no concello de Coles, resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 11 de outubro de 2012 tivo entrada no Rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños da Eirexa, na parroquia de Ribela, no concello de Coles, no cal solicitan ao seu favor a clasificación como veciñal en man común do monte denominado Costa de Eirexa.

Segundo. Con data do 29 de xaneiro de 2014, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abre un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. No prazo concedido para a práctica de alegacións, non consta que se presentase ningunha.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que figura no expediente, descríbese así:

Concello: Coles.

Denominación do monte: Costa de Eirexa.

Comunidade veciñal solicitante: veciños da Eirexa, parroquia de Ribela.

Superficie total: 6.966 m2 (0,6966 ha aproximadamente).

Descrición das parcelas.

1. Parcela A, número 217 do polígono 42 do concello de Coles (referencia catastral 32027A042002170000OO). Superficie 821 m2: (0,0821 ha).

Lindes:

Norte: polígono 42, parcela 227 (Orentino González Pérez).

Sur: propiedades particulares pertencentes ao polígono 42, parcela 156 (A Eirexa, Prados e Ribela, Comunal da Eirexa-Bouzo).

Leste: propiedades particulares pertencentes ao polígono 42, parcela 216 (Ubaldo Montes Iglesias).

Oeste: propiedades particulares pertencentes ao polígono 42, parcela 218 (Olenie Iglesias García).

2. Parcela B, número 149 polígono 42 do concello de Coles (ref. catastral 32027A042001490000OT). Superficie: 579 m2 (0,0579 ha).

Lindes:

Norte: propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 9009 (camiño público).

Sur: propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 142 (José Fernández Pérez).

Leste: propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 140 (José Antonio Lorenzo Díaz) e parcela 141 (Celestino Sotelo Dosouto).

Oeste: propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 103 (Laura Iglesias López).

3. Parcela C, formada por dúas parcelas catastrais número 116 do polígono 42 do concello de Coles (ref. castastral 32027A042001160000OL) superficie 5.218 m2 (0,5566 ha); e número 137 do polígono 42 do concello de Coles (ref. castastral 32027A042001370000OH), superficie 348 m2 (0,0348 ha).

Lindes:

Norte: propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 9009 (camiño público).

Sur: propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 99 (Laura Iglesias López), parcela 150 (Avelino Gómez Pérez).

Leste: propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 9011 (camiño público).

Oeste: propiedade particular pertencente ao polígono 42, parcela 135 (José Manuel Guzmán Iglesias), parcela 136 (Emilio Doforno Laso), parcela 131 (Avelino Gómez Pérez), parcela 121 (descoñecido), parcela 122 (Mario Dosouto Sotelo), parcela 123 (José Antonio Lorenzo Díaz), parcela 124 (Estrella Rogelia Cota Cordeiro), parcela 125 (Eligio Pérez Gómez), parcela 127 (Emilio Doforno Laso).

As tres parcelas descritas (A, B e C) non presentan edificacións.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña desfrutando ao Xurado Provincial de Clasificación.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes, e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 46/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería do Medio Rural e do Mar e demais normativa legal e regulamentaria, o xurado provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Costa de Eirexa, solicitada a favor dos veciños da Eirexa, na parroquia de Ribela, no concello de Coles, de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 18 de xullo de 2014

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Ourense