Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33972

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 18 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0071/2014-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución dos expedientes PSC-PO-0071/2014-PPM, PSC-PO-0102/2014-PPM e PSC-PO-0115/2014-PPM.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido das persoas interesadas en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poidan exercer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 18 de xullo de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0071/2014-PPM.

Persoa interesada: José Antonio Santos Raposo.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Vilar, O Pereiro, 3, Bamio, Vilagarcía de Arousa.

Expediente: PSC-PO-0102/2014-PPM.

Persoa interesada: José Manuel Núñez Paz.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Xulio Camba, 9, 1º B, Vilagarcía de Arousa.

Expediente: PSC-PO-0115/2014-PPM.

Persoa interesada: Óscar Gómez Gallego.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Baixada a Ríos, 54, Teis, Vigo.