Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 6 de agosto de 2014 Páx. 33877

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2014, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, pola que se veda a pesca no tramo 3 do couto de pesca de Mondariz.

Antecedentes.

Con data 4 de agosto de 2014 o Servizo Provincial de Conservación da Natureza de Pontevedra propón a veda do tramo 3 do couto de pesca de Mondariz. A proposta fundaméntase no impacto causado por unha vertedura acontecida o pasado 1 de agosto e no feito de que o tramo citado é de pesca sen morte e a tempada de pesca non finalizaría ata o 30 de setembro.

Consideracións legais.

Esta dirección xeral é competente para a adopción de medidas excepcionais, de conformidade co disposto no artigo 9 da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial, e no artigo 48 do Regulamento de ordenación da pesca fluvial e dos ecosistemas acuáticos continentais (Decreto 130/1997, do 14 de maio).

Resolución.

De conformidade con todo o anterior, resolvo vedar a pesca no tramo 3 do couto de pesca de Mondariz, comprendido entre a ponte da Poeira e o final do paseo de Mondariz-Balneario, dunha lonxitude aproximada de 2,6 km.

A veda manterase ata a entrada en vigor da normativa de pesca fluvial da tempada 2015.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2014

Verónica Tellado Barcia
Directora xeral de Conservación da Natureza