Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33706

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (738/2008).

Número de autos: demanda 738/2008.

Materia: seguridade social.

Demandantes: Construnor Estructuras, S.L., Obas y Contratas Rías Baixas.

Demandados: Fremap, Construnor Estructuras, S.L., José Luis Cascallar Iglesias, Instituto Nacional da Seguridade Social (Inss), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Obras y Contratas Rías Baixas, S.L., José Luis Cascallar Iglesias.

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de demanda 738/2008 deste xulgado do social, seguido por instancia de Construnor Estructuras, S.L., Obras y Contratas Rías Baixas contra a empresa Fremap, Construnor Estructuras, S.L., José Luis Cascallar Iglesias, Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), Tesouraría Xeral da Seguridade Social (TXSS), Obras y Contratas Rías Baixas, S.L., sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza, cuxa decisión se xunta:

«Decisión:

Ter por desistida a Construnor Estructuras, S.L. da demanda formulada fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Luis Cascallar Iglesias e Obras y Contratas Rías Baixas, S.L.

Desestimar as demandas interpostas por Contratas Rías Baixas, S.L. contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, José Luis Cascallar Iglesias e Construnor Estructuras, S.L.

Ter a Contratas Rías Baixas, S.L. por desistida das demandas formuladas fronte a Fremap.

Notifíqueselles ás partes facendo saber que non é firme e que contra esta poderá interporse recurso de suplicación no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación.

Así o acordo, mando e asino.

O maxistrado».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Construnor Estructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014

A secretaria xudicial