Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33708

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (723/2013).

Dilixencia de ordenación.

Secretaria xudicial, Susana Varela Amboage.

Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014.

Únase o anterior escrito presentado pola demandante e déase traslado das demais partes. Á vista do seu contido procédese ao novo sinalamento dos actos de conciliación e xuízo o próximo día 25 de setembro de 2014, ás 8.55 e 9.00 horas. A notificación da presente resolución serve de citación en legal forma á parte demandante e ao Fogasa.

Cítese a demandada por medio de edictos no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei de xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin terán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A secretaria xudicial