Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Martes, 5 de agosto de 2014 Páx. 33704

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (366/2012).

Procedemento ordinario 366/2012 F.

Sobre: ordinario.

Demandante: David López Noya.

Avogada: Cristina Augusta Gómez Lozano.

Demandados: Texdigital, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), administrador concursal de Texdigital, S.L.

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 366/2012 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de David López Noya contra a empresa Texdigital, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), administrador concursal de Texdigital, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se xunta:

«Sentenza: 365/2014.

A Coruña, 10 de xullo de 2014.

Vistos por Miguel Herrero Liaño, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 2 da Coruña, os presentes autos número 366/2012, seguidos por instancia de David López Noya, asistido pola letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Tex Digital, S.L., que non comparece, con intervención do Fogasa e a administración concursal da empresa, que non comparecen, sobre reclamación de cantidade

Decido.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por David López Noya fronte a Tex Digital, S.L., con intervención procesual do Fogasa e a administración concursal da empresa e, en consecuencia, debo condenar e condeno a parte demandada a que lle aboe á demandante a cantidade de 4.531 euros, que se incrementará co xuro moratorio establecido no artigo 29.3 do ET.

Modo de impugnación: advírteselles ás partes que contra esta resolución poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado na oficina xudicial dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtaselle igualmente ao recorrente que non fose traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Santander a nome desta oficina xudicial, e deberá indicar no campo concepto «recurso» seguido do código «34 Social suplicación», acreditándoo mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, deberá consignar na conta de depósitos e consignacións aberta a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario a primeiro requirimento indefinido pola dita cantidade no cal se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a esta oficina xudicial co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Texdigital, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de xullo de 2014

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial