Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33506

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3229/2012 RMR).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 3229/2012 desta sección, seguido por instancia de Fernando Dasilva Cotelo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Tracim, S.L., a Mutua de Accidentes de Trabajo Fraternidad-Muprespa, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión que desestimando o recurso de suplicación interposto por Fernando Dasilva Cotelo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, de data 26 de decembro de 2011, debemos confirmar integramente a resolución contra a que se recorre.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto,
número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que produzan os seus efectos legais e sirva de notificación á empresa Tracim, S.L. con último domicilio coñecido na r/ Cancela, 8-1º, A Coruña, advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 7 de xuño de 2014

A secretaria xudicial