Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33508

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (5681/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5681/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 576/2012 Xulgado do Social número 2 de Ourense.

Recorrente: Manuel Rodríguez Pérez.

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo.

Recorrido: Marcos Moda, S.L.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5681/2012 desta sección, seguido por instancia de Manuel Rodríguez Pérez contra Marcos Moda, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos.

Que con desestimación do recurso interposto por Manuel Rodríguez Pérez confirmamos a sentenza que con data 17.10.2012 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 2 dos de Ourense, e pola cal se rexeitou en parte a demanda formulada contra a empresa Marcos Moda, S.L.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Marcos Moda, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 11 de xullo de 2014