Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Luns, 4 de agosto de 2014 Páx. 33505

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 8 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se convoca, para vinculación temporal mediante nomeamento de substitución de titular con dereito a reserva, por concurso de méritos, unha praza de médico de Admisión e Documentación Clínica no Hospital Comarcal de Monforte.

A Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro (DOG núm. 199, do 15 de outubro), polo que se regula a estrutura organizativa de xestión integrada do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve proceder ao anuncio da convocatoria para a vinculación temporal mediante nomeamento de substitución de titular con dereito a reserva, por concurso de méritos, dunha praza de médico de Admisión e Documentación Clínica no Hospital Comarcal de Monforte.

A citada convocatoria estará exposta nos taboleiros de anuncios do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (Oficina de Atención ao Traballador), e do Hospital Comarcal de Monforte, así como na intranet da propia Xerencia de Xestión Integrada e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos, deberán dirixirse ao xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, e poderán presentarse preferentemente no Rexistro Xeral do Hospital Comarcal de Monforte na rúa Corredoira, s/n, 27400 Monforte de Lemos, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte á data de publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Lugo, 8 de xullo de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos