Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33337

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1396/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 1396/2012 desta sección, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Sergas, Limpiezas Saramar, S.L., Agustín López Zapata sobre accidente, se ditou a seguinte resolución:

José Manuel Mariño Cotelo.

Juan Luis Martínez López.

Fernando Lousada Arochena.

A Coruña, 23 de xuño de 2014

Tras ver e deliberar as presentes actuacións, a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de acordo co establecido no artigo 117.1 da Constitución española, en nome do rei e pola autoridade que lle confire o pobo español, ditou o seguinte

Auto:

No recurso de suplicación 1396/2012, formalizado por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña no procedemento de demanda 1137/2009, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo fronte a Limpiezas Saramar, S.L., Agustín López Zapata, Instituto Nacional da Seguridade Social e Servizo Galego de Saúde, en que foi maxistrado-relator Juan Luis Martínez López.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Esta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza en que resolve o recurso de suplicación nº 1396/2012.

Segundo. A Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo preparou recurso de casación en unificación de doutrina contra a sentenza desta sala, que foi admitido a trámite por dilixencia de ordenación o 16 de maio de 2014, que consta notificada o 26 de maio de 2014, sen que se interpuxese dentro do prazo concedido.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispón o artigo 223.3 da LRXS que se o recurso non se interpón dentro de prazo, se ditará auto en que declare deserto o recurso e firme a sentenza.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

A Sala acorda:

Declarar deserto o recurso de casación en unificación de doutrina interposto pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, fronte á sentenza ditada en suplicación por este tribunal, declarando a súa firmeza e a devolución ao órgano xudicial de procedencia dos autos, con certificación da sentenza recaída e expresión da súa firmeza.

Decrétase a perda do depósito de 600 € efectuado para recorrer, que se ingresará no Tesouro Público.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de reposición preparatorio do recurso de queixa, nos termos do artigo 223.3 LRXS, no prazo de cinco días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción en que a resolución incorrese a xuízo do recorrente, e facéndolle saber ao recorrente que non teña recoñecida a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social que deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta de consignacións deste tribunal, aberta en Banesto, conta nº 1552, debendo indicar no campo concepto, a indicación recurso seguida do código «30 Social-Reposición».

Así, por este auto, pronúnciano, mándano e asínano comigo, secretaria da Sala, que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Saramar, S.L., con último domicilio na estrada de Circunvalación, 6 baixo, A Coruña, en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 23 de xuño de 2014

A secretaria xudicial