Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33336

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 24 de xullo de 2014 mediante a que se convocan tres procesos selectivos para a ampliación de lista de espera das categorías de técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións, técnico medio de tecnoloxías da información e comunicacións, e técnico especialista de animalario.

En exercicio das competencias atribuídas pola Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, a Reitoría da Universidade de Vigo convoca tres procesos selectivos para a ampliación de lista de espera das categorías:

– Técnico superior de tecnoloxías da información e comunicacións.

– Técnico medio de tecnoloxías da información e comunicacións.

– Técnico especialista de animalario.

A información completa pode consultarse no seguinte enderezo electrónico
http://persoal.uvigo.es/persoal_gl/PAS/emprego/xerais/index.html, así como nos taboleiros de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio da Xerencia, Campus As Lagoas-Marcosende, Vigo) e dos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86). Poden obter información e aclarar dúbidas a través do teléfono 986 81 37 62 (Negociado de Selección e Provisión, Servizo de Persoal de Administración e Servizos) ou do correo electrónico consultapas@uvigo.es

O prazo de presentación de solicitudes rematará o 22 de agosto de 2014.

Vigo, 24 de xullo de 2014

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo