Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33340

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (244/2013).

Nº autos procedemento ordinario 244/2013.

Demandante: Ramón Bocija Varela.

Avogado: Secundino Javier García Uzal.

Demandados: Grupo Empresarial Lomba, S.L., Fondo de Garantía Salarial, administrador concursal de Grupo Empresarial Lomba, S.L.

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña se ditou resolución con data do 30 de xuño de 2014, dirixida a Grupo Empresarial Lomba, S.L., contra a cal se poderá interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no citado órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Grupo Empresarial Lomba, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de xuño de 2014

A secretaria xudicial