Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33399

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 16 de xullo de 2014 polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no procedemento sancionador Taxa láctea STL 01/2014.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento sancionador Taxa láctea STL 01/2014.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas do Fondo Galego de Garantía Agraria, situadas na rúa Irmandiños, s/n, Salgueiriños, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación do acordo de inicio entenderase producida desde o día seguinte á data da súa finalización.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: STL 01/2014.

Interesado: Xertigán, S.C.G.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador Taxa láctea.

Último enderezo coñecido: Momán, San Mamede, 27826 Lugo.