Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Venres, 1 de agosto de 2014 Páx. 33398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xullo de 2014 pola que se notifica o traslado do acordo de incoación do expediente de reposición da legalidade urbanística COR/121/2013, devolto polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

A xefa do Servizo de Inspección Urbanística I acordou, con data 4 de xullo de 2014, dar traslado do acordo de incoación de expediente de reposición da legalidade urbanística COR/121/2013 a Josefa Antelo Taibo, en relación coas obras realizadas en solo rústico sen a preceptiva autorización urbanística autonómica, consistentes na demolición parcial e reconstrución dunha vivenda no lugar da Barcia, 2, Trasancos, no termo municipal de Narón, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal do traslado daquel acordo, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito traslado do acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro do traslado do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela.

A interesada dispón dun prazo de 15 días para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes e, se é o caso, propor proba concretando os medios de que pretenda valerse.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística