Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33098

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Navia de Suarna

ANUNCIO de información pública sobre o Plan xeral de ordenación municipal.

Aprobado inicialmente o Plan xeral de ordenación municipal do Concello de Navia de Suarna por Acordo do Pleno do 12 de xuño de 2014, de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública xunto co informe de sustentabilidade ambiental, polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nos xornais El Progreso e
La Voz de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes.

Simultaneamente ao trámite de información pública e polo mesmo prazo, sométese ao trámite de consultas previstas no documento de referencia. Para que os interesados (artigo 10 da Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación de determinados plans e programas no ambiente) poidan formular as observacións que xulguen pertinentes.

Xunto coa aprobación inicial do PXOM acordouse suspender o procedemento de outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. A duración máxima da suspensión segundo o artigo 77 da Lei 9/2002, é de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, se extinguirá coa aprobación definitiva do planeamento.

O ámbito da suspensión de licenzas é o seguinte:

Tipo de solo: solo urbano da Proba.

Suspensión de licenzas: parcial.

Descrición: aplicarase a suspensión en todas aquelas zonas que entran en contradición coas novas determinacións do PXOM.

Tipo de solo: solo urbanizable delimitado industrial.

Suspensión de licenzas: si.

Descrición: suspéndense ao definirse esta categoría de solo no PXOM.

Tipo de solo: solo urbanizable non delimitado residencial.

Suspensión de licenzas: si.

Descrición: suspéndense ao definirse esta categoría de solo no PXOM.

Tipo de solo: zonas verdes previstas polo PXOM.

Suspensión de licenzas: si.

Descrición: suspéndense ao definirse estes ámbitos no PXOM.

Tipo de solo: solo núcleo rural.

Suspensión de licenzas: parcial.

Descrición: aplicarase a suspensión en todas aquelas zonas que entran en contradición coas novas determinacións do PXOM.

Tipo de solo: solo rústico.

Suspensión de licenzas: non.

Descrición: aplicarase o réxime de solo rústico establecido na Lei 9/2002.

A suspensión de licenzas só se refire ás que teñan por obxecto actividades de parcelación de terreos e edificación ou demolición, pero non ás obras de reforma, salvo que pola transcendencia desta sexa equiparable a unha reedificación do edificio, non xustificada en razóns de urxencia ou supoñan un aumento de volume edificado, segundo o establecido no artigo 118.1 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de planeamento.

Navia de Suarna, 9 de xullo de 2014

José Fernández Fernández
Alcalde