Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33095

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, pola que se anuncia a contratación, suxeita a regulación harmonizada, do servizo de vixilancia dos distintos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (AB-EIC1-14-006).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde-Servizo de Contratación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña. Paseo General Sir John Moore, 2, 1ª planta, 15001 A Coruña. Teléfono: (981) 17 80 73, telefax: (981) 17 80 32.

b) Correo electrónico: Contratacion.XXIACoruna@sergas.es

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

d) Data límite de obtención de documentación e información: antes das 14.00 horas do día 18 de agosto de 2014.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia dos distintos centros dependentes da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

c) División por lotes e número de lotes: non existen lotes.

d) Lugar de execución/entrega: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo de execución/entrega: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

f) Admisión de prórroga: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV: 79713000-5.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

a) Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento sen IVE: 3.886.000,00 €.

b) IVE: 816.060,00 €.

c) Importe con IVE: 4.702.060,00 €.

5. Garantías exixidas:

• Provisional: non.

• Definitiva: si. Cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das 14.00 horas do día 18 de agosto de 2014.

b) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, Hospital Abente e Lago.

2. Domicilio: Paseo General Sir John Moore, nº 2, 2ª planta.

3. Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a manter a súa oferta: segundo o recollido no artigo 161 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

8. Apertura de ofertas:

a) Enderezo: sala de xuntas do Hospital Abente e Lago, planta segunda, edificio da antiga Xerencia de Atención Primaria da Coruña. Paseo General Sir John Moore, nº 2.

b) Localidade e código postal: A Coruña 15001.

c) Data e hora: as datas de celebración de apertura do sobre B, relativo a criterios non avaliables de forma automática, e sobre C, relativo a criterios avaliables de forma automática, publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios. Véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Data de publicación no Diario Oficial de las Comunidades Europeas do anuncio de información previa ou mención da súa non publicación: 18 de xullo de 2013.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 11 de xullo de 2014.

A Coruña, 11 de xullo de 2014

Francisco J. Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña