Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33043

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense

EDICTO (834/2012).

Elba García Álvarez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Ourense, por medio do presente anuncio:

Neste procedemento, seguido por instancia de A. Clemente, Lda., fronte a María Rosa Clemente Núñez, María Josefa Nieto Clemente, Emilio Nieto Clemente, Demetrio Nieto Clemente, Rudesindo Nieto Gil, ditouse sentenza cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Ourense, 19 de febreiro de 2014.

Vistos por Eva María Martínez Gallego, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4, con competencia mercantil de Ourense, os presentes autos de xuízo ordinario, rexistrados co número 834/2012, promovidos pola sociedade mercantil A. Clemente, Lda., actuando no seu nome e representación o procurador dos tribunais Ricardo Garrido Rodríguez, asistido polo letrado Sr. Borras Díaz de Rabago contra os administradores da entidade Industrias Químicas Clenin, S.A., Rudesindo Nieto Gil, María Rosa Clemente Núñez, María Josefa Nieto Clemente, Emilio Nieto Clemente e Demetrio Nieto Clemente, todos eles en rebeldía procesual, sobre acción solidaria e individual de responsabilidade contra os ditos administradores, ditaron a seguinte sentenza.

Decido que estimando integramente a demanda interposta polo procurador dos tribunais Ricardo Garrido Rodríguez, en nome e representación da sociedade mercantil A. Clemente, Lda., debo condenar e condeno a Rudesindo Nieto Gil, María Rosa Clemente Núñez, María Josefa Nieto Clemente, Emilio Nieto Clemente e Demetrio Nieto Clemente, a que indemnice a demandante na cantidade de 41.420,02 euros, máis os xuros legais desde a data da sentenza, incrementados en dous puntos, con imposición das custas procesuais.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Ourense, que se deberá interpor no prazo dos vinte días seguintes á súa notificación ante este mesmo xulgado, conforme o disposto nos artigos 457 e seguintes da Lei 1/2000, do 7 de xaneiro, de axuizamento civil.

De conformidade coa disposición 15.4 da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro de 2009, complementaria da Lei de reforma da lexislación procesual para a implantación da nova oficina xudicial, pola que se modifica a Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, será requisito necesario para recorrer en apelación constituír un depósito de 50 euros, que se consignará na conta de depósitos e consignacións deste xulgado.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, cuxo orixinal quedará rexistrado no libro de sentenzas, e quedará testemuño dela nestes autos.

Así o acordo, mando e asino.

Eva María Martínez Gallego.

Maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4-Mercantil de Ourense».

E encontrándose os ditos demandados, María Rosa Clemente Núñez, María Josefa Nieto Clemente, Emilio Nieto Clemente, Demetrio Nieto Clemente, Rudesino Nieto Gil, en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Ourense, 27 de marzo de 2014

A secretaria xudicial