Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Xoves, 31 de xullo de 2014 Páx. 33042

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Sexta)

EDICTO (310/2010).

Eu, Carmen Sobrado Prado, secretaria da Sección Sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, fago constar que na peza de apelación 797/2012, dimanante de ordinario 310/2010 do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, seguido por instancia de C. Propietarios Rosalía Castro, nº 17, de Vigo contra Obras y Construcciones Alen, Promotora Martínez Cid, S.L., José Antonio Martín Curty e Lisardo de Francisco Domínguez, a Sección Sexta, con data do 27 de marzo de 2014, ditou sentenza en que estima parcialmente os recursos de apelación interpostos contra a sentenza de primeira instancia, cuxo texto íntegro está nesta secretaría á disposición dos interesados.

Contra a sentenza de apelación cabe interpor recurso de casación/extraordinario por infracción procesual, no prazo dos vinte días seguintes ao da notificación.

Para que conste e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Promotora Martínez Cid, S.L., cuxo paradoiro se descoñece, expido este edicto

Vigo, 25 de abril de 2014