Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32864

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial de Pontevedra (Sección Primeira)

EDICTO (RA 104/2014).

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que neste órgano xudicial se tramita recurso de apelación (LECN) 104/2014, por instancia de María Cristina Bouzas Lopo, nos cales se ditou sentenza con data do 15.4.2014, do teor literal seguinte:

«Maxistrados:

Francisco Javier Menéndez Estébanez.

Manuel Almenar Belenguer.

María Begoña Rodríguez González.

Auto número 81.

Pontevedra, quince de abril de dous mil catorce.

Vista a peza de apelación seguida co número 104/2014, dimanante dos autos de execución de títulos non xudiciais incoados co número 36/13, polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, sendo apelante a parte executada María Cristina Bouzas Lopo, representada pola procuradora Sra. Sanjuán Fernández e asistida polo letrado Sr. Calvar Carballo, e apelada a parte executante Banco Santander, S.A., representado pola procuradora Sra. Torres Álvarez e asistida polo letrado Sr. Soto Cano. É relator o maxistrado Manuel Almenar Belenguer.

Seguen antecedentes de feitos e razoamentos xurídicos.

A Sala acorda:

Que debemos aceptar e aceptamos parcialmente o recurso de apelación interposto por María Cristina Bouzas Lopo, representada pola procuradora Sra. Sanjuán Fernández, contra o auto ditado o 26 de novembro de 2013, polo Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Pontevedra, e, na súa consecuencia, debemos revogar e revogamos a dita resolución no sentido de declarar a nulidade da cláusula de fixación de xuros de demora ordenamos seguir adiante a execución despachada pola cantidade reclamada en concepto de principal e xuros remuneratorios, para o cal previamente a entidade executante procederá a recalcular a suma excluíndo os xuros de demora.

Cada parte deberá asumir o pagamento das custas percibidas pola súa actuación en ambas as dúas instancias.

Así o acorda a Sala e pronúnciano, mándano e asínano os maxistrados expresados á marxe. Dou fe».

Seguen as rúbricas. Certifico.

O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito en caso necesario; e para que así conste e lle sirva de notificación a Waldinar Fortes Marques, expido e asino este edicto.

Pontevedra, 15 de abril de 2014

A secretaria xudicial