Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32862

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4713/2012).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4713/2012 desta Sección, seguido por instancia de Antonio Román Martínez contra sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que desestimamos o recurso de suplicación interposto por Antonio Román Martínez contra a sentenza ditada o 26 de abril de 2012 polo Xulgado do Social número 3 de Vigo en autos nº 940/2011, sobre indemnización de convenio, contra Rocas y Cantería Ornamental, S.A. e Generali España, S.A. de seguros y reaseguros, resolución que se mantén integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto,
nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación á empresa Rocas y Cantería Ornamental, S.A., con último domicilio coñecido na estrada de Salceda, km 5, Vilafría, O Porriño (Pontevedra), coa advertencia de que as seguintes comunicación, se farán en estrados, agás as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de xuño de 2014

A secretaria xudicial