Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32961

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Procodis Hortícola, Sociedad Cooperativa Gallega

ANUNCIO de transformación en sociedade anónima.

Ás dezasete horas trinta minutos do día catorce de xuño de dous mil catorce, con presenza da notaria da Coruña, María Mercedes Bermejo Pumar, tivo lugar no domicilio social, rúa Copérnico, número 4, polígono da Grela-Bens-A Coruña, en segunda convocatoria a xunta ordinaria do ano 2014 da entidade Procodis Hortícola, S. Coop. Galega, co seguinte, entre outros puntos da orde do día:

«1º. Aprobación, se procede, das contas anuais, informe de xestión e, de ser o caso, proposta de aplicación de resultados correspondentes ao ano 2013.

(...)

3º. Cesamento dos membros do Consello Reitor.

4º. Aprobación do proxecto de transformación da sociedade cooperativa Procodis Hortícola, S. Coop. Gallega en sociedade anónima, que xirará baixo a denominación de Procodis Hortícola, S.A. que presenta o Consello Reitor á asemblea xeral, do cal resulta a xustificación da conveniencia desta transformación; o dereito dos socios que voten a favor da separación e o dereito ao reintegro das súas achegas; sistema de fixación da participación na nova sociedade anónima que se cree dos socios conformes; destino dos fondos de reserva non repartibles da cooperativa; sistema de administración e estatutos da nova sociedade.

5º. Aprobación da data a partir da cal se entende constituída a nova sociedade e data de comezo das súas operacións.

6º. Aprobación do balance de situación da sociedade cooperativa ao día 13 de xuño de 2014, con auditoría externa.

7º. Opción do sistema de administración e nomeamento dos administradores da nova sociedade a que dá lugar a transformación da cooperativa.

8º. Facultar os administradores nomeados para que poidan desenvolver por conta propia ou allea este, análoga ou complementaria actividade que aquela que constitúe o obxecto social da nova entidade; poidan, aínda non inscrita a sociedade, exercer as súas facultades desde a data pactada de constitución das operacións sociais dentro da súa esfera de actuación prevista nos estatutos e nas disposicións legais pertinentes; para que poidan levar a cabo as publicacións, solicitude de informes e certificacións, incluída a do Rexistro de Cooperativas e de entidades financeiras, o outorgamento da escritura pública e demais actos e trámites previos e posteriores necesarios para deixar totalmente concluída a transformación aprobada, en especial a solicitude de anotación preventiva e posterior cancelación da cooperativa no Rexistro de Sociedades Cooperativas competente e a inscrición da nova sociedade no Rexistro Mercantil.

9º. Participación do socio na nova sociedade. Criterios xerais».

Que tras ter lugar a xunta se aprobaron por unanimidade de todos os socios con dereito a voto presentes e representados, todos os puntos da orde do día, en especial o acordo de transformación da sociedade cooperativa Procodis Hortícola, S. Coop. Galega en sociedade anónima, que xirará baixo a denominación de Procodis Hortícola, S.A., co mesmo capital social de 254.954,60 €, o mesmo domicilio na rúa Copérnico nº 4 do polígono da Grela, Bens-A Courña e co mesmo obxecto, con excepción da ampliación á seguinte actividade a) A adquisición, tenza, disposición e alugamento de toda clase de bens inmobles.

Advírtese expresamente do dereito de oposición de terceiros e socios lexitimados para iso conforme a lei, e do dereito de separación dos socios, exercitables un e outro dereito coas condicións e nos prazos sinalados na vixente Lei de cooperativas de Galicia.

A Coruña, 15 de xuño de 2014

José Francisco Pardo Otero
Presidente do Consello Reitor