O Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia anuncia a convocatoria de dúas prazas de técnico auditor para o órgano de control.
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir posto de carácter temporal de técnico auditor.
Segundo. Terán acceso a cubrir esta praza os titulados superiores, técnicos ou grao en Ciencias, preferentemente referidos á produción e transformación de alimentos. Valorarase experiencia no sector da agricultura ecolóxica e na inspección e certificación de produtos agroalimentarios, coñecementos de informática, dispoñibilidade para viaxar, carne de conducir e vehículo propio.
Terceiro. As solicitudes, que incluirán curriculum vitae e copia das titulacións requiridas para participar nesta convocatoria, poderanse presentar no prazo dez días naturais a partir da publicación deste anuncio, no seguinte enderezo: Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Apdo. nº 55, 27400 Monforte de Lemos, Lugo ou por email a craega@craega.es.
Monforte de Lemos, 23 de xullo de 2014
José Antonio Fernández Álvarez
Presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia