O Decreto 79/2014, do 26 de xuño, publicado no DOG número 125, do 3 de xullo, crea o colexio de educación infantil e primaria de Oroso, por desagregación do CEIP de Sigüeiro da mesma localidade.
En consecuencia, de conformidade co establecido no Decreto 4/2013, do 10 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, que establece a competencia desta en materia de creación, supresión, transformación, clasificación, autorización e organización dos centros escolares, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Artigo único
Autorízase a posta en funcionamento do centro cuxos datos figuran a seguir:
Provincia: A Coruña.
Concello: Oroso.
Localidade: Sigüeiro.
Enderezo: avenida Álvaro Cunqueiro, s/n.
Código do centro: 15032868.
Denominación: colexio de educación infantil e primaria de Oroso.
Unidades: 6 de educación infantil e 12 de educación primaria.
Disposición derradeira primeira
Autorízase a persoa titular da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para adoptar todos os actos e medidas necesarias para a aplicación desta orde.
Disposición derradeira segunda. Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 14 de xullo de 2014
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria