Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32830

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de xullo de 2014 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 21 de marzo de 2014 de axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2013/14.

Pola Orde do 21 de marzo de 2014 (DOG do 2 de abril), convocáronse axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario e mobilidade Erasmus e Suíza, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia correspondentes ao curso académico 2013/14, e aprobáronse as bases desta convocatoria.

De acordo co establecido no artigo 10 desta convocatoria, as solicitudes foron estudadas pola comisión avaliadora nomeada na propia orde de convocatoria a cal acordou a exposición das listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas, podendo as persoas interesadas formular, durante un prazo de 10 días, as reclamacións ou emendar as carencias ou deficiencias detectadas na documentación achegada ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Rematado este prazo, e de acordo co establecido no artigo 11 das bases da convocatoria, e atendendo ao acordo elevado pola citada comisión avaliadora a través da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

RESOLVO:

Artigo 1

Concederlles axudas complementarias do programa comunitario de mobilidade Erasmus e Suíza ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que se relaciona no anexo I desta orde e pola contía que se especifica.

As axudas aboaranse na conta bancaria indicada pola persoa interesada, unha vez presentada a declaración responsable do conxunto das axudas solicitadas (anexo II): tanto as aprobadas ou concedidas coma as pendentes de resolución para mesma finalidade das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Tamén deberá enviar unha declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma, de acordo co establecido no artigo 11 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2

O incumprimento total ou parcial por parte das persoas beneficiarias de calquera das condicións establecidas na Orde de convocatoria do 21 de marzo de 2014 (DOG do 2 de abril), e nesta orde, constituirá causa determinante de revogación da axuda e do seu reintegro polas persoas beneficiarias ou solicitantes, segundo o disposto no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 3

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Apelidos

Nome

Centro

Contía

1

Álvarez Fernández

Aida

CMUS Vigo

980,00 €

2

Alves Pereira

Ricardo Nuno

CMUS Vigo

1.220,00 €

3

Arán Taibo

Elba

CMUS A Coruña

980,00 €

4

Currás Porto

Xairo

CMUS A Coruña

720,00 €

5

Domínguez Domínguez

Mª Goretti

CMUS Vigo

1.220,00 €

6

Esteban Blanco

Paula

EASD P. Picasso

480,00 €

7

Fernández Mosquera

Jorge

EASD P. Picasso

480,00 €

8

Garrido Iglesias

Daniel

CMUS Vigo

1.220,00 €

9

Gil Casasnovas

Sara

CMUS Vigo

720,00 €

10

Gómez Ramos

Rebeca

ESAD Galicia

960,00 €

11

González Cid

María

EASD M. Mateo

740,00 €

12

González Sáez

Olalla

CMUS A Coruña

1.220,00 €

13

Kendelman Mouzo

Ailén

ESAD Galicia

1.220,00 €

14

Lorenzo Romay

Tatiana

EASD P. Picasso

480,00 €

15

Malvido Piñeiro

Alba

CMUS Vigo

980,00 €

16

Novoa González

Alba

CMUS Vigo

720,00 €

17

Pampín Lorenzo

María

EASD M. Mateo

480,00 €

18

Parga Rodríguez

Iria

EASD M. Mateo

480,00 €

19

Permuy Martínez

Alba

EASD M. Mateo

480,00 €

20

Pinos Fernández

Nazaret

CMUS A. Coruña

1.220,00 €

21

Pujol Miñán

Ricard

CMUS A. Coruña

1.220,00 €

22

Ramos Candedo

Sabela

ESAD Galicia

1.220,00 €

23

Río Barcia

Lucía

EASD M. Mateo

720,00 €

24

Rodríguez Carvalho

Estela

CMUS Vigo

1.220,00 €

25

Trasancos Lima

Lara

CMUS A. Coruña

980,00 €

26

Varela Gómez

Cecilia

ESAD Galicia

720,00 €

27

Vieito Rodríguez

Adrián

EASD P. Picasso

480,00 €

28

Vilas Rodríguez

Jorge

CMUS Vigo

720,00 €

29

Villaverde Maklan

Roberto Carlos

CMUS Vigo

720,00 €

 

25.000,00 €