Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32952

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014 pola que se fai público o outorgamento de varias concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos no artigo 85.7 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable en defecto de lexislación autonómica propia e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse, en virtude das atribucións delegadas pola Orde da Consellería do Medio Rural e do Mar, do 30 de marzo de 2012, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes:

Resolución: 14 de maio de 2014.

Referencia: 12-29-13-C-1.

Obxecto: concesión de ocupación de parcela e caseta de dominio público portuario con destino á construción e explotación e instalacións de subministración de combustible a buques pesqueiros.

Porto: Camelle.

Concesionario: Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.L.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 577,01 €/ano en concepto de TODP e o 1 % de facturación anual en concepto de ACIS.

Resolución: 27 de maio de 2014.

Referencia: 12-33-00-C-1.

Obxecto: modificación substancial da concesión de ocupación de dominio público portuario dunha parcela con destino a explotación de local construído polo concesionario e da explanada anexa, para local social, bar-cafetaría, almacén, escola de vela e depósito de embarcacións deportivas.

Porto: Corcubión.

Concesionario: Club Marítimo Carrumeiro.

Prazo: 15 anos.

Taxas: 2.610,37 €/ano en concepto de TODP e entre o 1 % e 2 % de facturación anual en concepto de ACIS.

Resolución: 20 de xuño de 2014.

Referencia: 14-05-13-C-1.

Obxecto: concesión administrativa con destino á construción e explotación de nave para reparación de buques.

Porto: Burela.

Concesionario: Talleres Cillero, S.A.L.

Prazo: 20 anos.

Taxas: 5.773,58 €/ano en concepto de TODP e o 1 % de facturación anual en concepto de ACIS.

Resolución: 20 de xuño de 2014.

Referencia: 12-42-13-C-1.

Obxecto: concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario para legalización da construción de edificio destinado a club de remo e piragüismo.

Porto: Testal.

Concesionario: Concello de Noia.

Prazo: 12 anos.

Taxas: 296,55 €/ano en concepto de TODP e o 1 % de facturación anual en concepto de ACIS.

Resolución: 8 de xullo de 2014.

Referencia: 12-55-06-C-1.

Obxecto: concesión administrativa de ocupación de terreos de dominio público portuario para legalización da construción de edificio destinado a club de remo.

Porto: Rianxo.

Concesionario: Club de remo de Rianxo.

Prazo: 5 anos.

Taxas: 144,99 €/ano en concepto de TODP e o 1 % de facturación anual en concepto de ACIS.

Contra os citados actos administrativos, que esgotan a vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución facendo público o outorgamento.

Non obstante, os interesados poderán interpor contra esta resolución recurso de reposición, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao desta publicación, ante o mesmo órgano que a ditou, de acordo co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia