Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32955

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cervo

ANUNCIO de información pública da aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias referida ao ámbito da factoría de Alúmina Española, S.A.

O Pleno da Corporación, na sesión que tivo lugar o día 18 de xullo de 2014, acordou:

Primeiro. Aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias (NN.SS.) do Concello de Cervo (Lugo) referida ao ámbito en que se sitúa a factoría de Alúmina Española, S.A. dentro do complexo industrial de Alúmina-Aluminio.

Segundo. Someter o documento e o expediente administrativo completo, do cal forman parte os informes emitidos por outras administracións públicas, ao trámite de información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión na provincia. Simultaneamente, e durante o mesmo prazo, darase audiencia aos concellos limítrofes.

Terceiro. Requirir os informes sectoriais necesarios ás administracións e entes públicos pertinentes (...).

Cuarto. Acordar, de conformidade co artigo 77.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas urbanísticas, en toda a área afectada por esta modificación puntual das NN.SS., nos termos que dispón o resumo executivo do documento da dita modificación puntual.

A dita suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación puntual das NN.SS.

Quinto. Dispoñer que a consulta do documento se poderá efectuar, durante o período de exposición pública, na casa do concello de Cervo (sita na praza do Concello, s/n, 27891, Cervo, Lugo), en horario laboral, de luns a venres.

Cervo, 18 de xullo de 2014

Alfonso Villares Bermúdez
Alcalde