Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32956

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO dun posto de xefe do corpo da Policía Local polo sistema de libre designación.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, nº 110, do 11 de xuño de 2014, publicáronse as bases aprobadas polo Decreto da Alcaldía, do 19 de maio de 2014, relativas á seguinte convocatoria:

– 1 posto de xefe do corpo da Policía Local. Libre designación.

O prazo de presentación de instancias será de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Esta convocatoria e a súa resolución publicaranse nos boletíns oficiais correspondentes.

A Coruña, 1 de xullo de 2014

Martín González Rodríguez
Director de Facenda e Administración Pública