Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32951

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 9 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se empraza a interesada no procedemento do programa de realoxamentos por execucións hipotecarias.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal á interesada que se relaciona no anexo, emprázase esta para que compareza no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia nº 7, 4ª planta, Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se lle intenta notificar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos desde o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 9 de xuño de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

Anexo

Expediente: procedemento de programa de realoxos por execucións hipotecarias.

Nome da interesada: María de las Mercedes Estévez Aldín.

Último domicilio coñecido: rúa José Fernández López, nº 2, 1º B. O Porriño.

Indicación do contido do acto: resolución da aceptación da renuncia e exclusión do programa.