Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32949

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2014 pola que se fai pública a formalización da contratación, por procedemento negociado sen publicidade, da obra de rehabilitación da fortaleza de Monterrei, para o seu acondicionamento como parador (obra complementaria de rehabilitación).

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 3 de xullo de 2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: obras.

b) Descrición: obra de rehabilitacion da fortaleza de Monterrei, para o seu acondicionamento como parador (obra complementaria de rehabilitación).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade.

4. Orzamento base de licitación: 702.559,91 euros, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 3 de xullo de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 9 de xullo de 2014.

c) Adxudicatario: Dragados, S.A.

d) Importe de adxudicación: 702.559,91 euros, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: confíaselle ao empresario ao cal se lle adxudicou o contrato principal, de acordo cos prezos que rexen para este, de conformidade co artigo 171.b) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2014

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia