Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 143 Mércores, 30 de xullo de 2014 Páx. 32948

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 1 de xullo de 2014 pola que se anuncia a licitación para a contratación do servizo para a redacción do Plan director dos Camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia, tramitado polo procedemento aberto con pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 127, do 7 de xullo de 2014, cómpre realizar a oportuna corrección:

Na páxina 30368, no número 4. Orzamento base de licitación, o importe do IVE non é correcto.

Onde di: «IVE (21 %): 25.200 €», debe dicir: «IVE (25 %): 19.908 €» e, polo tanto, onde di: «Importe total: 120.000 €», debe dicir: «Importe total de licitación 114.708 € (IVE incluído)».