Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32759

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Forcarei (expediente IN407A 2014/35-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución para a instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: S.A.T. Terrablanca.

Domicilio social: A Cruz, nº 1, Aciveiro, Santa María, 36556 Forcarei.

Denominación: LMT de acometida ao CT para unha granxa en Rego dos Corzos.

Situación: Forcarei.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 100 metros de lonxitude, con orixe no apoio 2A(400)-12 da liña LAL805 de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no centro de transformación que dará subministración a unha granxa en Rego dos Corzos, Vilaverde, Aciveiro, concello de Forcarei.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e aprobar o proxecto execución para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 27 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra