Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32761

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Baralla (expediente IN407A 2013/44-2, 8128 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT e CT Lauki.

Situación: concello de Baralla.

Características técnicas:

– LMTA núa a 20 kV a CT Lauki, consistente na instalación dun apoio tipo HV-13-630 no trazado actual da liña, no cal se instalan o elemento de seccionamento e o paso aéreo a soterrado.

– LMTS a CT Lauki, con orixe no paso aéreo a soterrado situado no apoio proxectado tipo HV-13-630 e final no CT Lauki proxectado, cunha lonxitude de 110 metros en condutor tipo RHZ-150 mm.

– CT prefabricado Lauki, cunha potencia de 160 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230V.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 2 de xullo de 2014

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo