Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 142 Martes, 29 de xullo de 2014 Páx. 32756

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo (expediente IN407A 2014/78-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Compañía Fotovoltaica O Sangal, S.L.

Domicilio social: estrada Lameiro, nº 44, 36214 Vigo.

Denominación: CS e LMTS de evacuación da Fotovoltaica Monte O Sangal.

Situación: Cerdedo.

Características técnicas:

Centro de seccionamento (CS) composto por unha cela de liña, unha de medida, unha de protección de fusibles asociados, unha de protección de interruptor automático, unha de remonte de barras e unha de paso de barras.

LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 860 metros de lonxitude, desde o centro de transformación elevador de tensión ata o CS.

A instalación está situada en Monte O Sangal, Cerdedo.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial; avenida Fernández Ladreda, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 9 de xuño de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO
Relación de bens e dereitos afectados

Nº predio

Polígono

Parcela

Lugar

Uso

Nome e apelidos

Superficie ocupada

Superficie total (incluída servidume) (m2)

Expropiación en pleno dominio

1

41

182

Monte O Sangal (Referencia catastral: 36011A041001820000JK)

Pasto arbustivo e forestal

Comunidade de Montes O Sangal

Liña MT: 32,7 m lonxitude × 0,4 m sección gabia = 13,036 m2

Centro-seccionamento:

7,4 m × 3,05 m = 22,57 m2

Liña MT: 32,59 m lonxitude × 1,3 m sección gabia = 35,88 m2

Centro-seccionamento:

9,4 m × 7,05 m = 66,27 m2

Si

2

41

9002

Monte O Sangal (Referencia catastral: 36011A041090020000JG)

Camiño rural (ben de uso e dominio público)

Concello de Cerdedo

Liña MT: 758,6 m lonxitude × 0,4 m sección gabia = 303,44 m2

Liña MT: 759 m lonxitude × 1,3 m sección gabia = 986,18 m2

Non

3

41

171

Monte O Sangal (Referencia catastral: 36011A041001710000JG)

Pasto arbustivo, improdutivo e forestal

Comunidade de Montes O Sangal

Liña MT: 66,7 m lonxitude × 0,4 m sección gabia = 26,672 m2

Liña MT: 66,68 m lonxitude × 1,3 m sección gabia = 86,68 m2

Si