Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de xullo de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia no expediente sancionador LU-50/2013.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial de Lugo, Edificio Administrativo, sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 4 de xullo de 2014

P.S. (Resolución do 17.6.2014)
Marco Antonio Fernández Piñeiro
Xefe do Servizo de Contratación e Apoio Administrativo

ANEXO

Expedientes: E.S. LU-50/2013.

Interesados: José Francisco y Luís Penzol Díaz.

Último enderezo conocido: Bolaño Ribadeneira, 2, 4º B, Lugo.

Acto de notificación: resolución do procedemento sancionador.