Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32458

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación do escudo municipal.

Aprobado o escudo municipal, en sesión ordinaria do Pleno deste concello do 29 de maio de 2014, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do correspondente anuncio no último dos boletíns oficiais en que apareza (DOG ou BOP), de conformidade co disposto no artigo 16 do Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia (a proposta do novo escudo pódese consultar na páxina web do concello:
www.concellomos.es).

Mos, 9 de xuño de 2014

Nidia Mª Arévalo Gómez
Alcaldesa