Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32459

VI. Anuncios

b) Administración local

Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés

ANUNCIO de información pública sobre a conta xeral 2013.

Na sesión celebrada pola Comisión Especial de Contas o día 11 de xullo de 2014 informouse sobre a conta xeral do exercicio 2013, que se somete a información pública por un prazo de quince días contados a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto, durante os cales, e oito máis, os interesados poderán presentar reclamacións, reparos ou observacións.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 212.3 do texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo.

Pedrafita do Cebreiro, 11 de xullo de 2014.

José Luis Raposo Magdalena
Presidente