Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32456

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 30 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo que se empraza a interesada no procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública para o concello de Ribadumia.

De conformidade cos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal á interesada que se relaciona no anexo, emprázase esta para que compareza no prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo (rúa Alcalde Hevia, nº 7, 4ª planta, Pontevedra) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, onde se lle dará conta do acto que se lle intenta notificar.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos dende o día seguinte ao desta publicación.

Pontevedra, 30 de xuño de 2014

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

Anexo

Expediente: procedemento de segundas adxudicacións de vivendas de promoción pública para o concello de Ribadumia.

Nome da interesada: Tsevetelina Kirova Georgieva.

Último domicilio coñecido: rúa Capela, nº 4, 3º, Barrantes, concello de Ribadumia.

Indicación do contido do acto: requirimento de documentación.