Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Xoves, 24 de xullo de 2014 Páx. 32455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 1 de xullo de 2014, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifica trámite para achegar proba documental no procedemento de reintegro da subvención percibida para a adquisición dunha vivenda de protección autonómica obxecto do expediente 32-Q-114/04.

De conformidade co disposto nos artigos 57, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselle á persoa interesada o acto de trámite no procedemento administrativo que se detalla no anexo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 1 de xullo de 2014

Consuelo Fernández Sueiro
Xefa da Área Provincial de Ourense

ANEXO

Expediente de adquisición: 32-Q-114/04.

Responsable: Bianca Isabel Blanco Dijkoff.

Domicilio: rúa Alcalde Manolo Lamas, número 11, 2º dereita; Puerto Rosario, 35600 Fuerteventura.

Acto que se notifica: de trámite no procedemento de reintegro da subvención para a adquisición dunha vivenda de protección autonómica.