Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31981

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Fonsagrada

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan xeral de ordenación municipal.

Unha vez aprobado inicialmente, por Acordo do Pleno do día 26 de xuño de 2014, o Plan xeral de ordenación municipal, de acordo co artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior difusión da provincia.

Para estes efectos, o período de información pública rematará transcorridos os dous meses desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante ese prazo, calquera interesado poderá examinalo nas dependencias municipais para formular as alegacións que considere pertinentes ou para obter copias.

Quedan suspendidas as licenzas para as seguintes áreas:

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento e terá unha duración máxima de dous anos. As ditas áreas afectadas pola suspensión son as seguintes:

3.1. En solo rústico poderán concederse licenzas sempre cos correspondentes informes sectoriais e con autorización autonómica.

3.2. En solo de núcleo rural poderán concederse licenzas naqueles ámbitos dos núcleos delimitados polo plan xeral que coincidan cos núcleos rurais que figuran no planeamento vixente, cuxa listaxe indícase no cadro seguinte, e sempre coa parcela mínima de maior dimensión das establecidas polos dous planeamentos e cumprindo as condicións de edificación previstas nos dous planeamentos:

Pántaras

Moreira

Carracedo

Braña

Xestoso de Palfito

Carballido

Gromaz

Torviso

Vilar

Cereixido

Santa Xuiá

Souto

Castro-Cuíñas

Fumaior

Barbeitos

Freixo

Vilarchao

Vilarmeán

Lamas de Moreira

Seoane

Vilabol de Abaixo

Viladriz

Sendiña

Castañoso

Liñares

Maderne

Silvachá

Monteseiro

Xestoso de Calvos

Mazaeda

Peizais

Mourisco

Pacios

Teixeira

Padrón

Vilardongo

Chaín

Paradavella

Airexa (Piñeira)

A Pobra de Burón

San Pedro de Río

Llencias

Rozabragada

San Martín de Suarna

Vilagocende

Labeada

Outanais

Arquide

Vilamaior

Liñares de Vilafurada

Louteiro

Veiga de Logares

San Mamede

Vilaframil

Liñares de Bidul

Vilar de Cuíña

Estoupelo

Xegunde

Sancedo

Vilabol

3.3. Planeamento de desenvolvemento. Suspéndese todo tipo de planeamento de desenvolvemento: solos urbanizables ou solos urbanos non consolidados.

3.4. En solo urbano estarán afectados pola suspensión de licenzas todos os ámbitos en que existe incompatibilidade entre o plan en tramitación e as normas subsidiarias; son aquelas zonas de solo urbano que aparecen en branco no plano adxunto.

3.5. No ámbito do Plan especial de protección será de aplicación o réxime transitorio que o propio plan xeral propón; mentres non sexa aprobado o plan especial, a concesión de licenzas non se suspende, pero estará sempre supeditada ao informe favorable da Administración autonómica en materia de protección do patrimonio.

3.6. Nos ámbitos sinalados con trama amarela no plano adxunto será posible a concesión de licenzas sempre e cando se cumpran os requisitos establecidos nos dous planeamentos.

Exponse ao público polo mesmo período o convenio de colaboración subscrito entre a Deputación Provincial de Lugo, Suplusa e o Concello para a construción dunha área industrial na Fonsagrada.

A Fonsagrada, 30 de xuño de 2014

Argelio Fernández Queipo
Alcalde